O Mar dos Monstros
Ao sur de da Gael-leach queda Lusia, terras antes reclamadas polos lusóns, agora perdidas ante o poder da Dana, onde hai un enorme mar interior coñecido polo nome de Mar dos Monstros. Cóntanse cos dedos da man dun aserrador o número de aventureiros que foron quen de atravesalo e chegar ao descoñecido Sul.
Algúns dos seres que habitan este Mar son o suficientemente arroutados como para atravesa-lo estreito chamado A Gorxa do Dérrou e subir até as costas dos Helenos, dos Teucros, dos Cilenos... atacar os barcos de mercadorías dos Aunios, dos Sicaeos...
E, entón, só algúns teñen o valor suficiente como para enfrontárense a eles. A eses que o fan téñenlle un nome: Herois.
4 comentarios:
Lugh!!!! Que debuxo tan bo. Para cando podera Srang o piornal enfrontarse a tremendo bicho e cociñalo cuns cachelos?
A verdade é que este quedou bastante ben... case de portada. Este tipo de debuxos, moi vivos e con acción, son os que nos gustan para Gáidil.
O mostro impresiona.
Ahá! Haberá que atar os puntos febles desas bestas mariñas, que sempre se materializan nos ollos ou algún anaco de bandullo de escamas moles...
Publicar un comentario