12.6.07

Xentes de Gáidil

En resposta á pregunta que o excelso Fravernero nos lanza ("Cales son os pobos inimigos da xente de Gaidil?"), dicir que nalgúns dos post xa falamos deles.

O Inimigo por excelencia é a Dana, un ser maligno supervivinte do Outro Mundo. Non se sabe moi ben como, pero foi quen de colarse en Gáidil, roubando algunhas Sementes que o Home-Carballo Drú usou para dar vida a todas as criaturas.
O Drú pretendía pranta-las á Luz de Lugh para que naceran rectas, firmes e bondadosas. A Dana só as puido prantar na escuridade do Sidh Inframundo, por iso esas Sementes xermolaron tortas, con xenreira e malignas.
Os máis poderosos deses seres son os Tuata da Dana, uns seres sen forma que poden adoptar diferentes aspectos, todos eles temibeis. Por debaixo están os Fomoriáns, dos que hai moitos tipos.
Os Fomori son seres de aspecto parecido aos guéghel, pero de cor azul e con rasgos bestiais. Teñen un estrano código de Honor e unha sociedade moi estratificada, recoñecible entre eles polo ouro que levas xa sexa en armaduras, pendentes, aneis, armas... Dentro do Sidh Inframundo podemos atopar máis seres, pero polo dagora están acubillados agardando a súa oportunidade.

Nas terras superiores os inimigos máis notables son os Lonbagdáir e os Toisona. Os primeiros viven alén dos Montes Arrebolados, ao este da Gael-leach. Son homes besta que adoitan lanzar razzias contra as terras dos Piornais, dos Chairegos, Lugóns e Lemavos. Só moi de cando en vez un líder carismático é quen de xuntar varios clans, e aí é cando xorden os problemas serios.
Os Toisona viven ao sur-este da Gael-leach, e eran un clan de guéghel que se rebelou en contra do Breogán e, enganados pola Dana, atacaron a varias castes do sur, incluíndo aos Lusóns e participando no asasinato do Breogán que había nos tempos dos avós; morte que desembocou no Inverno dos Lobos (momento no cal Gael-leach quedou sen Breogán durante varios anos e do que xa daremos conta). Hoxe por hoxe os Toisona viven moi dispersos, xa que as súas terras acabaron arrasadas polo Mal.

Este é un avance... outro día falaremos doutros servintes do Mal, ou directamente vos enfrontaredes a eles nas perigosas terras da Gael-leach!

6 comentarios:

O Lobo dijo...

¿os de arriba sonm fomorians?

O Breogán de Gáidil dijo...

En efecto, son varios estilos de fomoriáns cun guéghal capturado.

FraVernero dijo...

Vaia... xa imos sabendo máis. É unha conquista...

Sospeito que namentras sigo languidecendo sen as 'Crónicas', podería ir anticipando terreo, quizais, botándolle un ollo ás seccións de mitoloxía irlandesa dos libros que teño na casa -entre eles, o Tain Bo Cualidge que tantos anos hai que merquei en Eire...

David dijo...

E unha alianza de Piornais, Chairegos, Lugóns, Lemavos e Lusóns para derrotar a Dana sería factíbel? Que outros pobos se rebelarían? Sería necesario un líder moi forte? :P

moucho branco dijo...

Onde hai que apresentar os formularios para liderar a éstas tribos e unificalas para un obxectivo destructor común?.

O Breogán de Gáidil dijo...

Fra: Iso é bo, así quentas motores (conste que non só de mitos irlandeses vive o xogo...)

David: O Breogán é o líder de todos os pobos da Gael-leach. En casos moi especiais pode unir aos clans contra un inimigo claro. Pero non deixa de ser un home, e a Dana é un deus... por moitas veces que a venzas, a Dana volve.

Moucho: Á morte d'O Breogán todos os heroes xúntanse nun monte de Breogantia para que os Grandes Druídas, despois dunha serie de duras probas chamadas "A Peneira", elixan a un novo Breogán. Só tes que agardar e estar listo. Se queres ir de líder "freelance", pois todo está en ter carisma e sorte nas batallas.