Lugh
O Universo e a Vida en Gáidil son algo circular. Hai un ciclo, e sempre se retorna. Antes de Gáidil había Outro Mundo, pero así como naceu tiña que morrer. Para que isto ocorra existe algo chamado A Semente do Espírito. Non se sabe o que é: nin forma, nin tamaño, nin nada. No noso mundo moitos lle chaman Graal, pero só son lendas.
Só un en toda Gáidil sabe o que realmente é: Lugh o Vello. Sábeo porque Lugh era do Outro Mundo.
Cando o Outro Mundo esmorecía, xurdeu a Semente do Espírito. Nese momento mil guerras asulagaron aquel lugar... todos loitaban por posuír a Semente e, entre todos os cascallos, só Lugh o conseguíu.
O Outro Mundo estaba totalmente destruído, un baldío sen vida, un deserto infinito. Foi entón cando Lugh prantóu a Semente no chan, e a regou coas súas bágoas. Desa Semente xurdeu un novo Mundo e, de novo, a Vida.
Por todo isto se di que Lugh foi o Derradeiro dos de Antes e o Primeiro dos de Agora.
3 comentarios:
Pregémoslle entón ao pai Lugh, o Semeador!!
A verdade é que teño moi pouco información sobre Gaidil, alén dos anacos que me vas colando eiquí... Cales son os pobos inimigos da xente de Gaidil? Son todos humanos?
Boa Pregunta, Fra. O seguinte post cho adico especialmente (aparte, a ver se podemos montar unha sesión e ves).
É cousa miña ou non é que o Pai Lugh parece ter dúas mans dereitas (unha delas canda a esquerda?)
Publicar un comentario