20.6.07

Rexurdimento

Hoxe sae no Diario de Pontevedra unha entrevista a Xane e Xabier, de Tuata dé Danann. A iniciativa que tiveron de montar un blog de actividades xa é vella, pero saír na prensa é sempre útil para elevar o número de xente á que chegas (que obvio). O malo é cando ao xogo de Rol os xornalistas lle chaman "roll". Só lle faltou o Rock.

Está ben ver que hai un rexurdimento dos clubes de Rol. Nos '90 era diferente... había, penso eu, máis Encontros e Torneos, pero eu non percibía a infraestructura que vexo agora nos clubes: partidas de Rol en Vivo regulares, presencia a nivel concellos para participar en certos actos (como na Feira Franca de Pontevedra), contacto man a man coas tendas, actividades variadas (xa non xogar, senon compartir cultura). Agardo, por exemplo, que se teña en conta ao clubes de rol de Galicia para a vindeira edición de Irmandiños: A Revolta, alomenos para que haxa máis variedade de personaxes secundarias.

E a xente anímase. Debe ser que o Rol xa non é algo tan alleo. A mediados-finais dos '80 cando empecei a xogar os termos eran moi exclusivos. Rol era Rol, e punto. Os libro-xogos entraban aí un pouquiño pero, aínda que moitos leron libro-xogos de cativos non se consideraban "roleros".
Agora todo é distinto. Hai milleiros de xogos de ordenador e consola que "son de Rol", e a xente xa vai pillando o concepto de diferente maneira.

O mal chamado "asasinato do Rol" foi un hostión de fronte para moitos dos que daquela eramos afeccionados en serio. Amra me ten contado dalgún coñecido del ao que lle chegaron a queimar os manuais.
Hoxe por hoxe está todo bastante asimilado e se un crime se relaciona rápidamente "con eso del rol" pois o listo que o fai queda marcado de sensacionalista e alarmista.

En fin, que me aledo moito polos clubes Tuata dé Danann de Pontevedra, Fénix de Vigo, Casco Vello de Compostela, Aquilonia en A Coruña, e por Ossián de Ferrol, Ávalon de Ourense, Luzarol de Lugo se siguen existindo (penso e agardo que si).
Editado: Engado na lista a Rinxil, clube de Rol da zona do Barbanza.

Bicos!

6 comentarios:

O Lobo dijo...

Apertas pra tí!. Sempre é bom ver que a cousa vai mellorando.

Desconhecía que no meu Vigo natal existise unha asociaçom de Rol, e que se chamase Fénix.

FraVernero dijo...

Está ben... que siga, que siga. Sempre hai demasiados poucos espazos para cultivar unha afección estupenda, divertida e sá, que cultiva a intelixencia e as lecturas, e potencia creatividades. E que non xera, como cren algúns toleiráns, asasinos en serie ou psicópatas practicantes de maxia negra...

Avante, pois!

paideleo dijo...

Había unha librería nos EEUU que sempre estaba chea de rapaces xogando a xogos de rol. Eles estaban sentados no chan de moqueta e andaban coas cartas a lidar.
Ogallá aquí se chegue a iso.

paideleo dijo...

Mando un saúdo a Lula e os pais. Entrei na páxina pero non se pode comentar.

O procurador de sonhos dijo...

?

O Breogán de Gáidil dijo...

Lobo: Pois xa ves, saen de debaixo das pedras (ou dos dados). Estou con Paideleo: non che podemos postar no Blog!

Fra: Cthulhu che oiga. Eu penso que a situación está bastante normalizada e xa poucos nos miran raro. Pero sempre hai xente (e máis nun colectivo coma o dos "roleros" onde se poden dar bichos raros ao máximo expoñente) que dan mal nome ao resto. Mágoa.

Paideleo: Non me compares as cartas cos xogos de Rol, que non son o mesmo, e mesmo pode haber xente que se nos enfade. Son dúas cousas distintas nacidas dunha idea afín, pero en moita xente irreconciliables e incluso enfrontadas (en plan ou che gusta o fútbol ou o baloncesto, e se che gustan as dúas es un becho raro).

Procurador de Sonhos: "?"?