4.9.06

Non é por faltar, pero...

Esta linda imaxe é do World of Warcraft e, en efecto, como algúns dos meus amigos, eu tamén caín.
A bochornosa frase que eu (ese de costas que vai de verde) lle solta a Tromzar o Orco (un amigo meu) ven dada por un individuo que nos viña detrás increpando: tiñamos que falar o seu idioma, que o noso está mal visto. O tipo era foráneo (inglés, supoñemos). De aí o meu cabreo, amosado no meu "bocadillo" de diálogo. Nin nos mundos virtuais, oe, estamos a salvo.


As Crónicas de Gáidil, por outra banda, seguen dando guerra.
O sistema xa está probado e listo.
Estamos, hoxe por hoxe, preparando unha campaña para xogar cos membros da asociación, e agardando novas que han de chegar en outubro... máis, outro día.
Unha aperta.

8 comentarios:

elduende dijo...

Loitas lingüísticas en Kalimdor... seica era bo tema para unha expansión. Thrall decide que os orcos deben recuperar a súa vella lingua en troques de falar a dos humanos, e iso enemístao con Jaina Proudmoore, que é tolerante con que sexan verdes, pero xa que falen en bárbaro faiselle moi costa arriba... Bah, nin caso que se me vai a pinza...

O que eu quería preguntar é ¿fai falla ser membro de Casco Vello para anotarse a esa crónica? Eu non me apuntei a asociación porque nin en broma podo comprometerme a asistir as xuntanza ou a organizar nada, pero o de probar o sistema de Gaidil téntame moito...

Estou ás súas ordes, mister master.

O Breogán de Gáidil dijo...

A ver, a ver; as misturas nada máis con gaseosa.

Casco Vello é unha cousa. As Crónicas de Gáidil outra.
Ningunha das dúas está vencellada alén de que Amra máis eu estamos polo medio de ambas. Moitos da Asociación nin sequera saben nada do proxecto.

Por outro lado, o de probar con xente nova é necesario. Xa o fixemos e os resultados foron bos, pero sempre hai que ampliar o círculo. O día menos pensado, meu señor Duende, terá novas. Con tempo para tomar decisións, iso si.

Un saúdo.

elduende dijo...

Desculpa se me expliquei mal, xa sei que Casco Vello naceu despois (moito despois) que o proxecto de Crónicas de Gáidil, e que son cousas distintas.

Eu preguntaba se fai falla ser membro porque no post dis que estás “preparando unha campaña para xogar cos membros da asociación” e presupuxen que se trataba de Casco Vello.

En calquera caso, agradezoche que teñas en conta a miña candidatura. Se precisas referencias, zonulacatro, e algun que outro friki dos que paran pola tenda, póderanche dicir que son un xogador disciplinado.

Agardo noticias, e grazas, en serio.

A.F.Torreiro dijo...

Errr... ¿Xogador disciplinado?... Non me metan en bretes... ¬_¬





;P é broma

A.F.Torreiro dijo...

Por certo... ¿Pódome apuntar eu tamén? *^_^*

Maz dijo...

Pois cando voltemos por aí, eu apuntaríame a probares o teu sistema e mundo de xogo (sempre está ben eso de probar cousas novas, e máis se son do país ;) ).

O Breogán de Gáidil dijo...

Moitas gracias a todos polos vosos comentarios.
Con respecto ao que di Duende, si, o meu comentario era que a camapaña ía ser para os membros da asociación, pero estaba a pensar en membros que tamén son amigos e compañeiros de xogo do meu grupo habitual. De tódolos xeitos queda prometida unha partida de Gáidil para todos vós.

fucafuca dijo...

O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.

Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.

www.sacou.blogspot.com

Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.