16.8.06

Semana con cousas

Esta semana está chea de cousas. Onte, comida cos amigos (que sempre é como unha Reunión Inesperada) e, despois, con Jan a ver actos de piratería que, en fin, defraudóunos un pouco, pero ver de novo a Jack Sparrow enchendo a pantalla sempre é cousa boa.


Mañá, Asemblea da Asociación e o venres, seguindo o ronsel dos corsarios e bucaneiros, recollendo aos maruneados e atracando en Tortuga, nada menos que o Primeiro e Moi Excelso Torneo de Piratas! na tenda Auryn de Santiago.

A ver que tal sae todo. Un saúdo.

3 comentarios:

Maz dijo...

Nos mercamos esta semán sobres dese xogo (e que estiven vendo os vosos comentarios no foro da asociación e o do torneo, e picoume a curiosidades, ademáis é un xogo de piratas! e iso a min chámame moito -fun máster do xogo de Ludotecnia de Piratas! e de Séptimo Mar), e a min gustoume moito. Ainda estamos a aprenderes as regras, pero é sinxelo e divertido, así que de seguro que cando voltemos por aí desafiaremos a algún de vos a algunha partida (ainda que perdamos :P).
Por certo, que nos vimos a película este mércores e si, é peor que a primeira en algúns aspectos, pero eu disfrutei o tétrica que é e ese humor negro que fixeron desta vez. A pena é que non me enterei do da escea final e perdímola (pasóuseme pola cabeza o quedares, pero claro, como acenderon as luces...).

O Breogán de Gáidil dijo...

Si, eu tamén teño o Piratas de Ludotecnia, pero nunca o xoguei completo. Collía a ambientación e usaba o sistema de Aquelarre (que me parece máis chulo ;D). En canto a Séptimo Mar, paréceme un sistema interesante, pero a ambientación non me acabou de convencer... supoño que en Xapón pasa o mesmo coa Leyenda de los 5 Anillos.

En canto ao Torneo, estivo moi ben. O problema que lle vexo eu é que o xogo é demasiado aleatorio. A min gústame saber o que compro, por iso nunca coleccionarei nada do xogo de Star Wars, Axis&Allies, Magic ou Piratas! (bueno, de piratas teño 4 sobres, máis que nada para ir ao Torneo).
Compras un sobre, e a saber o que trae. Deste xeito, gastando os mesmos cartos ou máis, eu podo ter unha flota peor ca de outro. Paréceme un come-cartos.
En fin.

Maz dijo...

Sí, eso pode pasar, é certo. Pero vamos, que tódolos xogos de cartas son así tamén e teñen moi éxito (e eu ainda non atopei un que me guste, o único do que teño un par de mazos é do de Séptimo Mar precisamente :P).