8.5.06

Seguimos ó ataque

Amra máis eu estivemos últimamente a rematar o que sería a versión 1.1 do Xogo definitivo (do xogo en xeral debe se-la versión 8 ou 9).

Aumentamos o capítulo de combate sobor de todo, onde queda máis claro os tipos de armaduras e os materiais das que están contruidas cunha sinxela táboa cruzada. Isto dálle máis vida ó xogo, e capacidade para persoalizar as armaduras, escudos e mesmo as armas, sempre dependendo dos valores de tamaño e de material.

A verdade quedóunos un sistema de xogo moi chusco e sinxelo, con partes moi novedosas (coma os Dados de Ánima) e cousas de sempre que pode gustar tanto ós veteranos coma ós novatos nisto do Rol.

Ademáis, engadimos máis relatos e máis lugares de Aventura (coma o Castro de Teucro, os das Silvas, o Castro de Face d'Ouro...), ampliando así un trasfondo de xogo que xa era moi amplo.

Estamos encantados co novo resultado, e xa está aí Amra preparando un sistemiña de batallas multitudinarias... que sabe? Ó mellor tamén sacamos un Wargame de Gáidil ;-)

7 comentarios:

elduende dijo...

Je, o do Wargame xa sería meterse en camisas (ou camisetas) de once varas, pero talvez non saibades que xa hay galegos metidos nese negocio.

Estes tipos, en concreto son de Cangas do Morrazo, así que o mellor vos fan un apaño baratiño... nunca se sabe:
http://www.corvusbelli.com/

O Breogán de Gáidil dijo...

Sei, sei. Xa teño descargadas as reglas para Infinity (aínda que para xogalas con figuras de WH40K).

É unha mágoa que non teñan todo en galego tamén, pero polo menos mola que usen nomes no noso idioma.

elduende dijo...

Vaia, vexo que trato cun auténtico experto. É unha honra. ;)

besbe dijo...

O primeiro anano que pintei era dos rapaces de Cangas hahahaha...cal será a primeira figura de Gáidil??

O Breogán de Gáidil dijo...

Duende, experto, o que se di experto... só podo dicir que levo dende sempre frikeando, que empecei a deseñar xogos de mesa cando tiña uns 9-10 anos e que agora teño 28 para 29. Experto non me chamaría, pero de certo que o rol, os wargames, os cómics, cine e derivados ocupan sen dúbida moito do meu tempo libre.

Besbellinha, molar molaba que fosen as de dúas personaxes ás que lle temos moito agarimo, e das que falaremos eiquí pronto: Amúlric o Tourishome e Ulin o Fomorián. Son destes seres dos que empezas a falar en exemplos para explica-lo sistema de xogo; logo fas un relatiño pequeno no que saen, para rematar convertíndoos en individuos con historia propia, pretensións no mundo e a posibilidade para cada un de ser un fiel amigo ou un inimigo implacábel dos Protagonistas.

Graciñas ós dous.

Anónimo dijo...

Amuuuuuulric!!!

Anónimo dijo...

Mellor un xogo de cartas.
Orella de porco con pimentón. O personaxe gana +3 a Chi-Maná e vence en calquer enfrontamento. Tapea esta carta para duplicar a produción de calquer carta que teña a palabra "Feira" no seu nome...

"...Chegou e pedíu unha tapa de orella. Tiña tanto pimentón, que bebeu 14 cuncas de viño!"