27.4.06

Relatiños I

“... No canto escomece a facer unha pouca máis de calor, porémonos en camiño. Temos moito que andar, fillo, anque valerá a pena, senón xa mo dirás. Eu xa vou vello, e non vivirei moitos invernos máis. Ademáis, eivado coma estou xa non son de utilidade para ninguén. Non, cala. Agora estas a falar coma túa nai, tentando de inflamar un peito xa conxelado de vello. En tempos, denantes que ti naceras, eu, Dumnor, fun considerado o defensor do castro e de tódolos Tamarcos. Agora, non valio para nada. Pero denantes de morrer, hei dir presenta-los meus respeitos ó Alto rei, ó Rei de reises, señor de tódolos Gaoidheal. E ti tamén o farás, fillo. E se todo vai ben, chegarás a ser un bo Fionn coma mín, e as ter unha boa e longa vida pola espada, coma mín.”

Dumnor dos Tamarcos, Antigo Grande Fión, Antigo Rei dos Tamarcos, Antigo Defensor de Gáidil, Un Coa Terra,
Denantes de escomenza-la súa derradeira viaxe neste mundo.
Comezo con algúns relatos sobor de Gáidil feitos por Amra e min mesmo, introducidos no manual básico que, o día menos pensado, estará en tendas de toda Galicia.

6 comentarios:

acedre dijo...

Pois ten bos textos o xogo ese.
Un saudo.

O Breogán de Gáidil dijo...

graciñas, Acedre. Non sei cómo fas, pero sempre estás, macho.

besbe dijo...

Sabes a que me recorda pero moitísimo mellor esto que o outro? Os contos de Warhammer 40.000 (que vivan os lobos espaciais, anque eu non xogo, so tento pintar, e polo de agora so ananos). Eu quero, eu quero, eu quero.
Acedre, que? Onde queda a Grania que eu no acerto.

O Breogán de Gáidil dijo...

Warhammer 40k? Vaites! Non agardabamos algo así. De certo temos xogado e pintado dabondo co WH40K, co WH Fantasía e co Señor de los Anillos de Estratexia. Jan de Delft tamén pinta de cando en vez (sobor de todo de El Señor de los Anillos).

acedre dijo...

Oi. A min iso da Grania soame a Salceda ou ao Porrinho.
Van ben os tiros ?.

O Breogán de Gáidil dijo...

Pois si, Porriño.

Nós imaxinamos que no interior do monte do Faro é onde habitan os leunos daló.