25.11.09

Algo de envexa

Mágoa que por aquí non se monten destas cousas de cote. Ou igual se fan i eu non me entero. Irmandiños creo que xa é algo que vai ser difícil que se repita (eu prefiro cousas máis pequenas, pero que era toda unha experiencia non hai dúbida), e vivos "a plan" cun sitio ben montado e xente con ganas de facer (non de desfacer) o vexo, alomenos en Compostela, difícil. Sácome o sombreiro ante certos colectivos que vexo que traballan duro, pero agás moi de cando en cando (como estas xornadas de Ferrol) vexo que, aínda que hai moita xente xogando, hai poucos grupos grandes (léase clubes) que estén realmente activos "de cara á galería" (que é como se sabe se algo está activo).

Non sei, pero case todos os clubes de rol que coñezo rematan coma o rosario da aurora. Debe ser defecto do Homo Ludens.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando queirades vir algunha vez por Madrid, tedes sitio reservado, xa que montamos un vivo cada mes, alomenos.
E os vivos de fin de semana completo, anunciamos os que facemos tamen no blog, asi que se vos gusta algún, avisade.

PD: Gracias polo enlace, :)

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas a vós por currar desa maneira. Así dá gusto! Envexa negra é o que me dades. Unha aperta.

Fian dijo...

¿Para cuando un vivo de gaidil?, XDDD

O Breogán de Gáidil dijo...

Mala idea non era, pero molaba máis en primavera-verán, e a poder ser nunha zona de castro. E ti que tal co teu proxecto?

Fian dijo...

Pues ando con muchos proyectos, XDDD, el de mitología vikinga, quedó algo apartado porque mi compañero estaba con el proyecto de fin de curso, y no tenía tiempo, a parte, hay muchas lagunas que cubrir en esa mitología, y preferíamos coger algo de más experiencia creando rol. Así que imitándoos decidimos comenzar nuestro mini juego de rol en gallego, que trata básicamente de un pueblo maldito llamado Cosande que está en medio de los montes gallegos, y que es algo así como Silent hill, lo estamos desarrollando todavía, pero ya hemos dicho que será un juego cortito. Por lo demás me ha dado por darle a los juegos minimalistas y he estado colaborando en uno llamado SD6, que es un sistema genérico multiambiental que apenas usa reglas...
A ver si un día nos vemos y comentamos, jejejej. Si eres tú el que está en Crónicas Roleras, he abierto un tema sobre los juegos minimalistas y ahí está colgado el SD6.
Bueno, a ver si hay suerte con el vivo, creo que podríais comentárselo a varias asociaciones, y para así tener más apoyos, la de Dracoruna la verdad, creo que está haciendo roles en vivo con bastante calidad según me dijeron...

Saludos^^

Fian dijo...

No se si os habréis enterado, pero van a dirigir las Crónicas de Gáidil en las jornadas X One Night Stand de Bárcelona.

http://www.lamarcadeleste.com/2009/12/x-one-night-stand.html

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas Fian! Nós límolo en Baúl Bizarro, tamén excelente blog sobre rol e outras supraculturas.
Apertas!

Nacho dijo...

Boas novas entón... xa teño ganas de probar ese Silent Hill en Galicia!
REspecto ao que falaba o Breogán de Gáidil de facer cousas non penso que a este vicio noso lle falten xogadores, aínda que si, realmente pouca xente xoga "cara á galeria". O outro dia falaba co meu grupo de xogo habitual (temos que pensar un nome todavía, en plan Avengers ou Cabaleiros da mesa do comedor XD) e ao final sacamos a conclusión de que os xogos coma o World of Warcraft, ou Conan online, lonxe de facer dano (falabamos do mal que ia esto do rol e o dano que fixeran estes xogos) axudaron moito a facer unha criba e deixar na mesa cos dados e os lápices a aqueles que buscan a narración e o divertimento entre amigos. E os que queren matar e matar sen importarlles de que vai o conto, pois ao ordenador amigos...É máis doado, non hai que pensar e vense luces e cores bonitas...XD e no pen and paper hai que pensar e imaxinar, algo moi devaluado nestes tempos que corren.

Bueno, estáseme indo moito a olla, pero aínda así eu creo que ao mellor, o asociacionismo en clubes ou asociacións culturais non é a mellor maneira de facer que esto medre. Eu estiven co Breogán no tempo de Canalrol, e aquelo si que tiraba para adiante con proxectos e tal, cousa que en outras asociacións, aparte de botar unha partidiña xuntos ou organizar uns encontros, tampouco teñen moita razón de ser. Acabas aguantando a xente que non aturarías de non ser polo clube (aínda que tamén coñeces a moi boa xente, eso tamén) e, a verdade, fai anos, cando era dificilísimo facerse cun xogo de rol estaba moi ben, xa que o grupo facía a forza e tiñas acceso a moitos manuais, pero hoxe...Internet & Pdf rules!

Perdoade pola chapa, pero é un tema que me gusta. Un saúdo e Aloha!