26.11.07

Gáidil World Tour 2007: Seguimos

Ben, despois dunha sesión de xogo con máis Gloria que Pena no cubil dos sempre perigosos Twin Brothers (esta vez Manuel estaba enleado supervisando un campeonado de Warhammer, e estivemos anfitrionados en Metrópolis Cómics por Luiggi o Magnífico) podemos dicir que o xogo está máis espallado do que pensabamos: en poucos días estará tamén en Canarias da man dunha aimirguín aprendiz de druída con grande afinidade co lume, que ao final gañou o básico de Gáidil nun sorteo moi roleiro: tirada de 1d8 para coñecer ao gañador. Cinco excelentes xogadores baixo a batuta de Amra o León (entre os que conto a Luís "O-Gran-Polo-Métal" facendo de Ourizo Cacho o loio, e a Kaworu o cazador do Sidhe de GaliciaRol) botaron unha partida de Gáidil que agardamos fora do seu agrado.

O seguinte paso será o vindeiro sábado, 1 de Decembro, onde estaremos para as xornadas "As Catro Mesas" que se montan no local sociocultural do Ensanche. Tanto Amra coma min participaremos nunha mesa redonda sobre o rol e logo contaremos xunto con quen se achegue por alí uns contos de As Crónicas de Gáidil, aínda que haberá para todos os gustos: estratexia, cartas, xogos de taboleiro...

Á parte, temos en proxecto sacar material novo para As Crónicas de Gáidil (dientes, dientes...). Estamos a desenvolver material novo para unhas pantallas (para os non versados, as pantallas son uns trípticos -ás veces teñen catro lados ou máis- de cartón que se colocan de pé ante o Contacontos para tapar os datos da partida e que así os xogadores non poidan lelos e prever o que vai ocorrer na aventura).
Estas pantallas contarían con novas ilustracións de Víctor Rivas (hurra!!!) e cun pequeno libreto con novas reglas, castes, razas, armas, habelencias, habelencias escuras, aventuras e mil cousas máis. Como podedes comprender sentímonos baixo a tutela dos deuses e en misión divina! Gáidil go Bragh!!!

Un saúdo a todos dende o Sidh!

3 comentarios:

paideleo dijo...

Graciñas polo agasallo. Chegoume ao corazón.

O Breogán de Gáidil dijo...

Ao corazón chegoume a min aquel primeiro comentario teu dende alén dos mares de Lir. Unha aperta moi grande para ti e os teus.

Anónimo dijo...

Gracias a vosoutros por esta alí en metropoliscomics dando o caio e facendo unha desas partidas mítico-epopeicas (ahí queda iso), na que os aspaventos do contacontos daban a entender que a súas interpretacións calaban fondo nos xogadores.

Gracias tamén a eles por acercarse ó nosa pequena cidade e agasallarnos coas súas interpretacións.

Un cordial saudiño

Twin brother One - Luigi choupa creator.