Tería sido fermoso...
Que puideramos anunciar neste día das Letras Galegas 2007 a publicación do primeiro xogo de rol en galego como tal... pero se nos escapou a data por diversos motivos que, persoalmente, non pensei que puidesen retrasarnos tanto e que non podo evitar que me quenten a cabeza.
Pero en fin, a desfrutar todos desta festa: Feliz Día das Letras Galegas a todos!
9 comentarios:
A ver se podemos ver pronto a vosa titánica obra rematada. Sorte.
Ánimo, paciencia, e ferocidade guerreira. Non deixedes de informar da marcha do proxecto, porfa.
E xa hai tempo que non o dicía, pero encántanme as ilustracións que vos está a facer o señor Rivas. Excelsior.
Gracias aos dous!... parece que non, pero saber que hai xente que está esperando por el danos certa capacidade para a Esperanza.
En canto ao señor Rivas... só dicir que por motivos espaciais (está afincado en Barcelona) só nos puidemos reunir con el unha vez. O resto foi teléfonico ou e-mailítico... e só necesitou iso: ler o libro e escoitarnos de cando en vez para pillar ao instante o espíritu do xogo e reflectilo en papel... un profesional como a copa dun carballo.
ai ai ai, tanto ten o día das letras coma outro, vai ser todo un evento :)
Tranqui que o Leo aínda non pode sacar proveito del neste ano.
Os teus guerreiros si que meten medo e non os meducos da miña infancia.
Un saúdo.
Non vos preocupedes. A cuestión é que saia e que a bandada de frikis que pululan por ahí (entre os que me incluio) mercaránvolo sen dudalo nen un intre. Paciencia, amigos, que cada vez falta menos!!!
Bon, terá que agardar. Iso sí, avisa con tempo por eiquí para que poidamos acudir en tropel, a poder ser armados de falcatas e cascos con dentes de xabarín...
Se é no verán, aínda podemos estrear ipso facto o xogo, e ata facer un vivo pouco despois...
Imonos fartar a dar hostias, je je. Animo e sorte.
Besbe: bueno, tería sido fermoso... día simbólico. Pero en verdade dá igual calquer día como ben dis.
Acedre, Señor de Grania: Estaría ben vervos xogando unha partida co Leo... En verdade a idea tenta iso un pouco: enganchar a novas xeracións, a ver se o conseguimos.
Bishop: Pouco a pouco. A ver si nos botara unha man Frank Wilcox terceiro!
Fravernero: non fará falta, agardo, ir cos exércitos de Outes a sitia-las tendas... o do Rol en Vivo xa mo comentaran cando o dos Irmandiños en Monterrei, e estaría encantado.
Suso Lista: Máis de un debía levar algunha (nós os primeiros moitas veces, aínda que só sexa para espertar), pero polo dagora todo vai moi ben e cos pés na terra.
Gracias a todos! Gáidil Go Brach!
Publicar un comentario