15.5.07

O Trono de Carballo

Hai un lugar en Breogantia, alá ao norte contra o Mar, onde hai xa centos de invernos medrou unha estrana semente. Disque foi o mesmo Drú, o Home-Carballo, quen lla entregou ao Breogán que daquela mandaba nas terras da Gael-leach.
O Breogán a plantou e, co tempo, xermolou. Un grande carballo naceu e medrou, elevándose moitas varas no aire, até ser máis de vinte veces coma un home. Cando morreu aquel Breogán, que fora un dos mellores que se lembran, contan que do rei sol, Lugh o Vello, prendeu lume ao carballo con carraxe e moi enfadado. Pero a árbore non se consumíu, as súas pólas arderon. Os guéghel construíron unha torre ao redor para protexer a árbore, que serve tanto como faro como tamén símbolo da permanencia do rei e da terra, xa que a árbore é o Trono do Breogán.
Chamáronlle a Tor Breogáin, ou Torre do Facho Aceso.
Hoxe, en todas as capitais das grandes castes hai un carballo protexido por fións que serve coma trono do Breogán en caso de visita.

3 comentarios:

FraVernero dijo...

Adoramos as árbores, e máis os mitolóxicos e misteriores carballos, máis cando fan de tronos para os nosos heroes laureados...

Pena que na Galiza non virtual vaian esmorecendo estes asentos de xefes, tan fermosos cando son vellos, enormes e revirados...

Anónimo dijo...

E que xa non quedan gobernantes que os merezan...

O Breogán de Gáidil dijo...

Pois si, as novas xeracións xa non teñen ese respecto pola árbore por ser árbore. Xa os nosos vellos llo perderan bastante buscando o carto e non a calidade. Supoño que é normal. Pero nun mundo onde o simbólico prevalece sobre o material podemos estar tranquilos e esquecernos os eucaliptos.
Graciñas aos dous!