Recuperando a Fe
Pois si, xa está confirmado: a publicación d'As Crónicas de Gáidil é xa unha realidade. Temos unha editorial galega inmersa no proxecto, con axuda por parte das institucións e o apoio a priori de certas tentas ao longo de Galiza que xa piden para facer partidas de presentación. Incrible.
Supoño que algo está a cambiar neste mundo para que pasen cousas deste estilo.
Xa vos irei dando conta das diferentes vicisitudes polas que estamos a pasar (corrección do texto, elección do ilustrador, formatos, soños...).
Estámolo flipando en cores.
8 comentarios:
Muuuuuuuuuuuaaaaaaaaaaaaaaca!!!!
¡Anda! Coido que xa vou ter regalo para o meu cumpreanos.
Un millón de noraboas, rapaces.
Graciñas Jan e Duende! A verdade é que está a ser unha labor preciosa.
Xa contarei pouco a pouco.
Grande!!!!! Mil parabéns!!! Non dubidarei en facerme cun exemplar!! Muahahaha!!! :D
Que alegría máis grande :) se as cousas boas sempre saen como é debido, a miña máis grande noraboa.
Que ben, que ben :)
Pois já tedes outro comprador!
Outro máis. Canto vicio!
Norabóa rapaces! Xa estou agardando a que saia!
Publicar un comentario