22.12.06

Moito conto...

Ultimamente estiven algo perdidiño e por iso non blogueo demaisado. Moito lío cunha partida de rol en Vivo de Vampiro, ademais de lendo xogos en inglés, entre os que destaco unha novidade: Runequest. Os veteráns dirán "novidade??". Si, Runequest é un xogo xa clásico, cun dos mellores sistemas de xogo e unha ambientación excelente dentro do medieval fantástico. O chiste é que o reeditan cun remozado xeral para as novas tandas de roleiros.

Tamén comentar que reenganchei con dúas cousas: primeiro un libro que á fin puiden poñerme a ler en serio: Juego de Tronos, recomendado por moita xente e que me regalou Jan de Delft, e segundo: Mithalda, unha campaña do xogo Dungeons and Dragons que comezou en versión Advanced e que evolucionou a D20. Unha campaña que segue activa despois de 5 anos e que é como voltar á casa.

Por outra banda estou preparando unha serie de pequenas partidas de proba para xente diversa, para que coñezan Gáidil. Serán partidas curtas, de 2-3 horas, co gallo de presenta-lo sistema e a ambientación (as dúas partes fundamentais de todo xogo) e para comentar despois.
Eiquí vos poño a Ulin, o fomorián, un deses personaxes dentro do xogo que leva con nós uns 9 anos dando guerra e dando moito que falar pola súa destreza, imbatibilidade e a súa capacidade de cambiar de bando cando menos se espera.

(o debuxo é de Amra, o León)

4 comentarios:

Fer dijo...

"Juego de tronos" graaaande! Eu estou polo terceiro (Tormenta de Espadas) e estou enghanchado!

Vai-che encantar seguro!

Anónimo dijo...

En este link:

http://runequest.corcoles.eu.org/

tienes el SRD del runequest 2006 traducido al castellano. Aunque reconozco que no me acaba de convencer esta nueva versión, tiene el encanto del "viejo" runequest.

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas todos polos cometarios.

En canto a Juego de Tronos, dicir que a deixei ao principio porque non tiven tempo e porque penso que cunha novela desas características hai que ser moi constante (moita trama e moitas personaxes)... pero agora estou "enghanchado" como Fer!.

En canto a Runequest, pois tróuxomo a "mula" dos reises magos. A min encántame. Non o comparo coa anterior edición, porque me parece tontería: o mundo do rol de agora non ten nada que ver co de mediados dos '70. Pero iso, gustoume moito e penso que se adapta aos tempos.

Anónimo dijo...

No, cuando digo que no me acaba de convencer no es en relación con el viejo, sino como juego independiente, por si mismo. Me parece demasiado complejo en alguno de sus aspectos, para el resultado que consigue.