11.2.06

O Primeiro dos de Agora e o Derradeiro dos de Antes...



"Mira e olla o mundo, meu neto.

Dende eiquí podemos ver moito destas terras... Val abaixo están os nosos, os lemavos. Se fosemos cara as Pradeiras de Lir atopariamos ós helenos de redondos escudos e, baixo deles, os lusóns de tristes cantigas.

Seguindo pola ribeira do Mar coñecerías ós cilenos de grandes barcos, ó libredóns de grandes milagres, ós tamarcos de fortes cabalos e ós nerios da fin do mundo. Dando volta xa chegariamos ás terras dos Breogantes de moita fachenda, e á cidade onde vive o Breogán. Logo virían os libuncos de sangue salgada, os ártabros de ánima indómita e ós trasancos sen fogar.

Baixando de novo verías aos chairegos en carros veloces e ós lugóns en torres de pedra. Quizáis, polo rabiño do ollo chegarías a ver aos xigantes piornais nas curotas. E, con moita sorte, non atoparías nin ós lonbagdáir de cara de xabarín nin ós toisona de ánima escura..."


No hay comentarios: