14.2.06

O Mundo que nos Arrodea

"Gáidil é un mundo moi grande.

Nunca existira antes e, cando desapareza, nunca máis saberemos dela.

Sabemos, iso si, que o Derradeiro ser do mundo anterior foi Lugh, o da Resplandecente Face.

O Mundo de Antes rematou nunha Grande Batalla na que todos loitaban polo Premio Final, que resultou se-la Semente do Espírito. Lugh, na súa soidade, creou da nada o Mundo d'Agora e plantou a Semente do Espírito, facendo xermolar ó Drú: o Home Carballo. O Drú foi primeiro nacido no Mundo d'Agora, Fillo de Lugh, creador das Sementes Menores, que xermolarían en todo tipo de seres, incluídos os guéghel de longas greñas. El coidou de tódalas cousas e de tódalas criaturas mentres medraban. El deunos calor e agarimo, para poder chegar a seren quen somos. Estas Sementes deron lugar ás Razas da Luz, entre as que se contan ós Loios, ós Piornais, ós Tourishomes...

Pero, na escuridade do Sidh, estaba o Mal Encarnado: a Dana. Non se sabe cómo, sobrevivíu á destrución do Mundo de Antes. Chea de xenreira por seren derrotada por Lugh na loita pola Semente do Espírito, a Dana roubou algunhas das Sementes Menores e as fixo xermolar arrodeadas pola súa malignidade. Destas Sementes naceron as Razas Escuras, entre as que se contan os Fomoriáns, os Cairentos, os Trasnos e os temíbeis Tuata da Dana..."

No hay comentarios: