13.2.06

Fortuna Audentes Iuvat

Disque si: "a Fortuna favorece ós valentes".

Pero tamén din que "A sorte chama á sorte". O pasado venres o comprobamos.
Por medio dun contacto libredón coñecimos a quen podería se-lo ilustrador de As Crónicas de Gáidil.

Como vos conto: as ilustracións eran un problema. Eu pouco debuxo e o co-autor debuxa cun estilo que, personalmente, me gusta moito (o Barco de Ith que podedes ver abaixo é un exemplo), pero que el non considera o suficientemente comercial como para publicar nun xogo.

E ten razón: un xogo de rol non só entra por medio das reglas ou da ambientación. Fai falla o compoñente "ilustrador", que serve tamén para poder visualiza-lo Mundo de Xogo con máis claridade.
Falamos con algúns ilustradores amateurs, pero o prezo dos debuxos escapaba con moito ó noso presuposto... até que O Lobo chegou. Case sería coma o Sr. Lobo de Tarantino: chegou co gallo de resolveren os nosos problemas. E, neste caso, tamén para "ilustrarnos".
Non falarei de quen é este ilustrador polo dagora... pero o importante é que colmou as nosas esperanzas coa frase " a sorte chama á sorte": sé xeneroso e recibirás de volta.

Agora temos que nos centrar no título deste Conto: A Fortuna axuda ós Valentes.