16.2.06

"Non temos ningunha colección na que encaixe o voso proxecto"

"Sentimos dicirvos que neste momento non temos ningunha colección na que encaixe o voso proxecto pero o gardamos e o teremos en conta por se máis adiante decidimos facer unha colección de Literatura épica y fantástica e de xogos de rol. Esperamos seguir en contacto con vós."

-- E-mail recibido da única editorial que respostou polo dagora.

En Galiza tiña entendido que era moi difícil publicar. Que era case imposible vivir da literatura.

En realidade non aspiro a vivir disto. Se é difícil vivir da literatura, peor é tentar vivir do Rol (aínda que haxa casos, coma en todo).
O único que pretendemos Amra, o Lobo e máis eu é abrir unha porta.

O outro día, Amra o dicía claramente. Era un comentario como din agora "moi friki"; pero era o que expresaba, non o que dicía, o importante: a nosa é unha Lingua Completa agora que O Señor dos Aneis ten unha edición en Galego.

Rimos co comentario pero, en realidade, era certo. Moitos din "para qué, se xa hai a versión en castelán?".

Por orgullo, digo eu. Por dicir "lin O Señor dos Aneis en galego, e Drácula, e O Escarabello de Ouro". Por poder dicir que leo na miña lingua, penso na miña lingua e podo citar parágrafos enteiros de Tolkien na miña lingua.

Por que un Xogo de Rol en galego? polo mesmo. Moitos dirán que é unha parvada habéndoos en castelán. Eu río e, as veces, choro co comentario.
Péchanse as portas, e nós non podemos facer moito. Só tentar que alguén queira arriscar aportando algo novo.

Pero non é doado nunha terra na que é difícil introducir novidades. Nada doado.

7 comentarios:

Fer dijo...

O mesmo diziam quando alguem saiu coa ideia de "Aquelarre", um jogo serio de rol em castelam... e mira agora.

Ânimo! O jogo tem mui boa pinta, e aquí tedes um que o mercará e ponerá aos jogadores à mesa em quanto saia! ;)

besbellinha dijo...

Ben, eu lembro o tema este do Concilio das Sombras, xogo de rol en vivo en Santiago en abril do ano pasado. Non fun porque se chafou o grupo onde me ía meter escaqueada, pero vamos, que tivo éxito e que os manuais que lles deron estaban en galego. Non vexo o problema das editoriais en cuestión, falta de visión digo eu.

O Breogán dijo...

O de Aquelarre é outra historia... Cando Ricard Ibañez saíu coa proposta deste magnífico xogo, a editorial Joc Internacional estaba moi ben situada. Por dicilo dalgún xeito, era a mellor editora de Rol do Estado (Rolemaster, Runequest, La Llamada de Cthulhu, El Señor de los Anillos, Stormbringer, Star Wars... menos Ad&d papaba todo o que había). O Rol en 1990 (ano da primeira edición) aínda non estaba "endemoniado"; ademáis estamos falando de Cataluña, un lugar que está noutro planeta. En Galiza falta ese empuxe a nivel editorial.

En canto ó "Concilio das Sombras" dicirche que si, Besbellinha: tiven a sorte da asistir con Jan de Delft, con Amra e máis amigos. O material estaba, de certo, en Galego, pero coido que era unha edición propia. Eran poucas páxinas e supoño que lles compensou. No noso caso saíunos un manual de 200 páxinas... tentar autoeditalo e que saia ben é moi complexo... A nosa esperanza é que sexa a última solución, e que algunha editorial se molle con nós.

Graciñas ós dous polo apoio.

acedre dijo...

Gracias pola visita polo meu blogo.
Ogalla tivese eu o capital para editar o voso traballo.
O que si podo e darche unha ligazon a unha nova onde din que van promocionar xogos e demais en galego (iso e o que din eles, claro). Ao millor tendes sorte e conseguides axuda ali.
Un saudo e sorte.
http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=25&lista=0&canal=2¬icia=58

O Breogán dijo...

Flipo. A ver se é certo.

Fer dijo...

Adiantou-se-me Acedre, onte meu pae trouxo a nova e logo pensei neste projecto.

O Breogán dijo...

Graciñas ós dous. Parece interesante. De tódolos xeitos xa se sabe que "as cousas de Palacio..."