4.9.07

Lutecia la nuit

Había tempo que non postaba, principalmente porque sabía que tiña que postar sobre a viaxe a París e non me apetecía moito. Para eso mellor que fale Jan.
En fin, pois que botamos uns días aló en París, días que non foron de todo o agrado que eu agardaba. Non sei si era a cidade en si ou a xente, pero eu a vexo moi "sen alma". Xa supoño que algún botaría as mans á cabeza e o grito ao ceo, pero a miña opinión é esa.


Claro está que os museos son impresionantes así coma os monumentos, pero serían impresionantes aínda que os arrincaran do chan e os puxeran no medio e medio de Bertamiráns, por exemplo. O Louvre sempre será o Louvre. Eu ao que me refiro é a impresión que che dá de entrada. Nunca me sentín como parte da cidade, cousa que (perdón, pero teño que comparar) en Londres pasoume tan só con saír do metro recén chegados do aeroporto e dar dous pasos por Russel Square. En Londres non me sentía "guiri", non tiña sensación de estar de máis en ningún sitio, e en todas partes había unha cara agradable. En París non tiven esa sensación moi a miúdo (tres ou catro ocasións), e deume mágoa por iso. Pensei que sería unha cidade cosmopolita, pero non mo pareceu.
Londres (e sigo comparando) non parece Inglaterra... é como se fora outro sitio, outro planeta, un lugar que existe en varias capas e planos de existencia onde todo se mestura. Pero París só me pareceu unha cidade grande no medio tirando para arriba de Francia.


Conste que a boa compaña e saber movernos fixo esta viaxe máis agradable agora no recordo, pero podendo volver dubido que repetira destino.

PS: Mmm ...Quedaría claro que me gustou máis Londres?

6 comentarios:

paideleo dijo...

A min tamén me gustou máis Londres pero supoño que non se pode comparar un fin de semana cun ano e medio de estadía.

O Breogán de Gáidil dijo...

Claro, Claro. Nós non vivimos tanto tempo en ningún dos dous sitios. Só temos a imaxe feita dunhas semanas de vacacións, que é diferente a vivir e traballar aló, pero por exemplo en Londres non me tiña por turista. Era como se a cidade te absorbese dalgún xeito e formases parte dela. En París parecía que todo marcaba distancias.

bishopxmen dijo...

Mmmm, mira que Londres (e a Gran Bretaña en xeral) non me tiraba moito pero... Despois de perderlle o medo a esto de viaxar (polo menos volvin dunha peza), e das fotos que me amosaches e o que puidestes ver por alá, igual empezo a discurrir outra viaxe...

torredebabel dijo...

pois mira, eu nesa dicotomía son dos que prefiren París. Pero penso que é verdade que non se poden comparar, son cidades impresionantes. Se cadra, conectamos con algunhas cousas e non con outras ou algo asi...

Anónimo dijo...

Eu conecto máis con Londres, sen dubidalo, voltaría todos os anos, a ver milleiros de cousas diferentes...

Queda claro que eu tamén adoro Londres!!!!

moucho branco dijo...

quedou quedou.... anglófilo!, :P

en realidade eu o mais cosmopolita que visito é a Praza de Pontevedra, así que non tomo partido...