14.9.07

Vendo pasa-lo vento...

Estamos nun punto de produción do libro no que só queda agardar. O tempo pasa e a editorial nos foi mandando probas de maquetación tanto do interior do libro como das lapelas. A estas alturas xa debe estar xira que te xira en imprenta. E, en nada, na rúa.

En canto teñamos datas seguras xa as faremos públicas.

Namentres, seguimos con outros proxectos caseiros, dos que damos conta no curruncho do O Clube de Té do Xoves Noite, un xeito como outro calquera de plasmar as actividades que levamos a cabo un grupo de colegas xogadores entre os que se contan Jan de Delft, A Onironauta, O Mosqueteiro, Bishop, Amra o León máis eu.

Saúdos.

2 comentarios:

paideleo dijo...

Pois nada. A esperar toca.
Ah, boas razóns para durmir coas fiestras fechadas.

Conchi dijo...

Do inmaterial ao material...a espera faise tediosa, pero os froitos han ser bos!