22.9.07

Feliz Aniversario!!!

Nesta centésima entrada de blog hai moito que celebrar: hoxe cumpren anos un par de individuos singulares. Empezaron sendo dúas personas totalmente normais dentro das súas comunidades, pero remataron sendo persoeiros extraordinarios dentro dun mundo extraordinaro.
Falo dos incribles Bilbo Bolsón e Frodo Bolsón. Aínda que non teñan moito que ver co que é Gáidil en si, para Amra e para min son de principal importancia: con eles empezou todo.
John Ronald Reuel Tolkien foi o xérmolo que fixo do Rol o que é.
Os wargames (os típicos xogos de estratexia de toda a vida) de recreacións históricas estiveron moi de moda ao longo do século XX e anteriores. Os soldadiños de chumbo formando batallas, xa fosen nas Termópilas, Farsalia, Guadalete... eran algo que chamaba a atención, sobre todo despois de que na Europa de 1824 apareceran os kriegspiel, os xogos de estratexia con reglas de xogo.
Os estudantes, sobre todo en Estados Unidos, tiveron unha importancia vital á hora de dar presenza a este tipo de xogos, sobre todo nos anos '50 e '60, cando un grande número de universitarios xogaba a wargames.
E entón, en 1965, sae a edición de peto de O Señor dos Aneis nos Estados Unidos. Os xogadores de wargames xa non querían ver a sudistas e nordistas a tiro limpo en Gettysburg... querían cargar con exércitos de rohirrim contra as hordas de uruk-hai de Isengard... querían magos que loitaran contra dragóns, e elfos que flechearan trasnos. Querían Fantasía.

O paso de usar unhas reglas que representaran a seres fantásticos nos que cada xogador leva un exército, a un sistema no que cada xogador leva a un ser fantástico e representa e describe o que fai con el (é dicir, rudimentariamente, xogar a rol) foi moi curto e llo debemos a Gary Gigax, Dave Arneson e ao seu grupo de amigos nos anos '70. Eles foron os primeiros que xogaron ao rol coma hoxe é entendido.

Pero a semente do espírito que nos levou a isto está clara: Tolkien acendeu a faísca e abríu as portas a un mundo imaxinario que se transformou en miles gracias á imaxinación dos contacontos.

Por isto eu brindo neste 22 de Setembro, día para min do Orgullo Roleiro, para celebrar os aniversarios de Bilbo e de Frodo... SAÚDE!!!

PS: As Crónicas de Gáidil sairán como novidade do mes de Outubro. Sigan atentos ás súas pantallas.

5 comentarios:

jan dijo...

Bilbo e Frodo estarán eternamente de aniversario o 22 de setembro! Bendita fantasía, ou bendito mundo paralelo!!!!

O Breogán de Gáidil dijo...

Benditos mundos, en plural, e benditos e afortunados aqueles que, vivindo neste, de cando en vez collen vacacións a outro cun bo libro ou un conto ben contado.

moucho branco dijo...

Aí estamos meu, isto é un post de relixión e o demais son gaitas... Fantasía ou morte!, vencerémos!

paideleo dijo...

Graciñas por iluminar a miña ignorancia sobre o tema.

O Breogán de Gáidil dijo...

Moucho, está claro... relixión non sei se será, pero que a Fantasía leva formando parte das miñas crenzas e do meu sistema de valores, por suposto. Sen ela de seguro morrería.

PaideLeo, de canto en vez está ben revisa-las orixes. O Rol non aparece da nada nas covas dos cronagnóns... xorde por medio dalgo e a consecuencia dalgo. Se cadra nunca tería aparecido se aos xogos de estratexia non se lle engadira o toque de Fantasía.