Vida e Morte
Está ben o asociacionismo. Axuda a coñecer xente e a abrirse de mente coñecendo novas ideas, posturas e puntos de vista.
En vindeiras datas estaremos convidados pola Asociación Cultural Mangalego (tamén teñen Foro) para visitar o seu lugar de reunión e botar unhas partidiñas con eles a rol. Tamén nos convidan os compañeiros de Alifáfaro, un colectivo que, á parte de rol, fan películas!
Tamén queren de nós algo moi difícil, axudar na organización dunhas actividades en Cuntis (onde está o magnífico casto de Castrolandín) co xogo de Gáidil de fondo para dar a coñecer a cultura castrexa aos rapaces daló. Pensamos en algo como Irmandiños, pero dividido por dez ou por vinte, claro, e sobre todo coa rapazada de Cuntis como protagonistas. Debido ao clima supoño que é algo que haberá que deixar para primavera... igual para mediados de Maio?
Tamén atopamos navegando en barcos longos pola rede ao Colectivo Lúdico Hermes, que lendo o seu foro vemos que pode recolle-lo testemuño que Galicia Rol deixou no ar. Sempre é bo que xurdan estas iniciativas... e unha pena que outras esmorezan.
En fin, esta fin de semana organizarémo-lo índice das Pantallas (Solaina do Contacontos? Abeiro? Linde?) e o material que vai e que non vai, con intención tamén de colgar no grupo yahoo material que vale, pero que igual non entra nas pantallas.
Un saúdo dende Libredón.
PS: Morreu Michael Crichton. Non estaba dacordo con certas ideas súas, nin me gustaban moitos dos seus libros. Aínda así, "Devoradores de Cadáveres" e, sobor de todo a súa adaptación ao cinema, "The 13th Warrior", inspiraron tamén a estes humildes autores a escribir grandes aventuras, xa en Gáidil, xa noutros mundos. Sit tibi terra levis.
2 comentarios:
íate chamar pero che deixo o aviso acó: O Sábado poderíamos quedar mellor sobre as 12.30 en lugar das 1200, para que me de tempo de chegar?
Veña, un saúdo e a coidarse...
P.D. A min tampouco me gustaba moito o Crichton, pero deixa moito dito, aínda que só sexa polo libro e peli que ti citas e tódolos seus superventas!
Un saúdo...
Ok, informo aos de Mangalego por mail.
Publicar un comentario