Citas para esta fin de semana do 29 e 30
Por un lado os Tuata dé Danann de Pontevedra contan coas súas Gorsedd do 2008. Teñen todo o horario pendurado no seu blog, e chamounos a atención que nos torneos de rol de mesa seica van xogar ás Crónicas de Gáidil. Agradecidos polo cumprimento. Que se xogue o noso xogo en tan insignes Encontros é toda unha honra: graciñas!
Nós pola nosa banda xa tiñamos dende hai tempo apalabrada a nosa presencia en Coruña coa xente de Mangalego, para unha cantas partidas e unha pequena mesa redonda.
É unha mágoa que estas cousas coincidan no tempo. É un dos problemas que vexo neste mundillo: a falta de comunicación entre clubes, asociacións ou afeccionados (ou directamente a incomunicación).
Nalgúns casos o entendo (hai grupos de xogadores que nin se aturan nin teñen motivos para facelo por problemas persoais), pero noutros vexo que é talvez porque simplemente se ignora a existencia dalgunhas asociacións ou clubes.
Por exemplo, descoñezo a existencia de xente que xogue a rol de xeito organizado en Lugo ou Ourense. Por isto, si eu montase uns Encontros de rol poderían perfectamente coincidir con outros que se fagan noutros lugares, e non por facer "contraprogramación", senon porque non hai unha rede social (antes era Galicia Rol, agora desaparecida) que aglutine e informe a todo o mundo.
Non quero imaxinar o que podería ser que todas as asociacións e clubes de xogadores de rol e miniaturas formasen unha especie de federación e que, á parte de organizar eventos pola súa conta, de cando en vez se unisen para montar algo organizado a grande escala, xa fosen macro batallas de Warhammer 40k ou partidas de Rol en Vivo masivas alén de Irmandiños. E xa nin imaxinar podo o que sería que grupos independentes coma os que coñezo por Compostela, Ferrol ou o meu propio Clube de Té se adherisen a tales actividades a nivel galego.
Algo digno de ver...
3 comentarios:
así a nivel galego tentóuse en Galicia Rol, pero por desgracia, non durou moito. Non estaría mal que houbese máis proxectos a ese nivel, a xerar unha programación conxunta, en plan "circuíto de rol", incluso con campionatos(liguilla galega) de warhammer ou cartas, por poñer un exemplo...A nivel de rol en vivo, molaban unhas efeyl ou algo así por aquí (tiña eu un colega en La Coru, que quería mirar de montar algo deso, pero creo que non pasou de ahí)...É unha pena, que a partida de rol en vivo máis grande fágase a nivel "institucional" (Cousa que por outro lado non esta mal de todo, xa que demostra implicación no tema) pero bueno, sigo estando máis a prol do "from players to players"
Veña, un saúdo.
Xente! lo de esta tarde estuvo de puta madre. Se tiene que repetir. Fue la primer vez que dirigia Gaidil y que risas nos echamos. La que tuve esta tarde fue de las partidas mas divertidas que tuve (los personajes sobrevivieron sin tener ni una sola arma. impagable!!!) muy bueno.
Un saludo!! nos leemos
Tanto Gerry coma min aledámonos moito, Emiliano! Agardo que fagades algún tipo de resumo das Gorsedd 08 no que se fale das partidas de Gáidil.
Unha aperta!
Publicar un comentario