31.10.08

Samaín

Hoxe hai un ano puidemos ver os primeiros exemplares de As Crónicas de Gáidil nas librarías. Foi un día máxico e unha noite máxica.

En Gáidil o Samaín é un día temible: o Sidh Inframundo ábrese e a escuridade asulaga o mundo durante varias noites. Os Sidhe lanzan ataques contra as vilas dos guéghel, aproveitando que Lugh (o Sol) durme. Cando pasa o Samaín, comeza un ano novo en Gáidil.

Parece que nós levamos un tempo asulagados tamén por esta escuridade, facendo outras cousas e tentando manter a flote outros proxectos, xa de rol, xa de outros tipos de ocio, xa vitais. Neste ano houbo cousas que saíron a dereitas, pero tamén reveses que impediron que tivesemos o blogue e a lista de correo tan activa coma quixeramos. A verdade é que tivemos isto moi parado.
Estivemos xuntando moito material (en exceso, tal vez), pero hai que ordealo e probalo nese campo de batalla que son as probas de xogo ou "play testings". Tentaremos ter todo para antes do nadal, para poder enviarllo á editorial e que Víctor Rivas poida comezar os deseños cos que xa estivemos soñando Amra máis eu.

Unha boa nova que acabo de coñecer é que, aparte de a Lugh, a partires dagora teremos do noso lado tamén a Odín: alédome, Amra!

2 comentarios:

Nacho dijo...

jeje, temos connosco todo o panteón...Nórdico, indoeuropeo...
Nada pode saír mal!
Veña, un saúdo. Vémonos a finde próxima.

Jan dijo...

Veña moito ánimo, que vós podedes!!! No vindeiro Samaín ten que estar o resto do traballo na rúa!!Benvido Odín!