11.11.08

Avances

Esta fin de semana Amra máis eu estivemos facendo moitos avances para o vindeiro suplemento d'As Crónicas de Gáidil.

Xa temos unha especie de "mapa conceptual" do que queremos presentar, e entre iso están as razas de xogo. Neste caso queremos aportar datos sobre cultura, sociedade, castes e xeito de xogar.

Sociedade, cultura e estilo de vida en xeral para o trasfondo. Castes para completar a creación de Protagonistas e poder levar as mesmas razas, pero de xeitos diferentes (igual que levar un guéghal, que é moi distinto ser trasanco que leuno, por exemplo).

Xeito de xogar, pois porque nalgúns casos vimos que facía moita falla. Hai xente que ve un tourishome e pensa que é un minotauro. Hai outros que ven un loio e ven un kender. Nada máis lonxe da realidade. Os loios e tourishomes teñen unha entidade propia e non están baseados en nada diso. Queremos aportar un enfoque claro sobre estas razas e outras, para que quede constancia do noso punto de vista. Obviamente logo cada un xoga como quere (ou lle deixan). Pero ver partidas onde tourishomes renegan das súas porras cerimoniais para levar espadóns e coirazas fai que perdamos un pouco a fé. É como ver a unha horda de ninjas cargando con claymores escocesas "porque fan máis dano". Pérdese o toque cultural, etnolóxico e ancestral, que para min é o que lle dá moita coherencia a un mundo de xogo. E si hai coherencia no mundo de xogo podemos comezar a crer que estamos aló vivindo aventuras, xa non nunha mesa con catro ou cinco amigos, se non defendendo os muros de Lug, ou cabalgando as ondas das Pradarías de Lir, ou atravesando o Aranguelo do Mundo.

Temos preparado trasfondo novo para os Tourishomes, os Loios, os Saefes, os Mouros e nos gustaría aportar algo dos Fomoriáns.

Se alguén ten algunha petición especial, somos todo orellas!

PS: Engado o enlace ao clube de rol compostelán Gygax á lista de clubes en activo dos que teño constancia. Se hai máis, avisade, que dende eiquí facemos promoción.

8 comentarios:

Nacho dijo...

A verdade e que (ainda que esté feo que o diga eu) o manual que vai acompañar as pantallas vai quedar impresionante. Un indispensable para comprender Gáidil e os seus habitantes...Así que...Ide aforrando! XDDD

Un saúdo e Aloha!

Unknown dijo...

Que tal unha sección de descargas no blogue? A folla de protagonista para descargar sería un bo comezo. Como paso por aqui de vez en cando ao mellor xa existe o que pido, se é asi perdon polo despiste e indicademe onde esta a sección de marras.
Saudos

O Breogán de Gáidil dijo...

Pois non sería mala idea, pero sería para consultar a un par de colegas informáticos que teño, que eu disto pouca idea teño.
O grupo yahoo de Crónicas contén as fichas así como os mapas que Víctor Rivas deseñou para o mundo de Gáidil.

Veña, un saúdo.

Jan dijo...

Ei que chulada a cabeceira!!!!!!!!! Mola mil!!!!

Pascual Vidal González dijo...

Poderíades incorporar aos misterios ligures, os primeiros pobladores da Iberia e vencellados a xente como galegos, astures, cántabros e bascos.

E como criatura maléfica do Sidhe ó Urco.

Un saúdo a todo esto, que son novo na bitácora.

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas Jan e Pascual polos comentarios.
Os ligures como caste ou mesmo raza diferente aos guéghel poden ser interesantes, si señor. E o Urco como can noxento e vil ao servizo da Dana xa o temos metido en varias partidas, pero unha explicación máis completa non estaba de máis. Graciñas polas ideas, Pascual

Unknown dijo...

Unha vez sei que a folla de protagonista esta no yahoo groups a pregunta obrigada é: como entro no yahoo groups?

O Breogán de Gáidil dijo...

É un grupo yahoo normal, tes o enlace á dereita. Unha vez aprobado no grupo (tes que recibir aprobación para evitar que entre spam) ya está. De tódolos xeitos estiven mirando de poñer unha sección de descargas como dis, pero estou pedindo opinións sobre o tema. Cando atope un sitio gratuíto para colgar documentos xa aviso. Gracias polo comentario!