8.5.07

Hai un conto que di...

Hai un conto que di que, na entrada de mar que separa Artabria de Libunca, un día tentou entrar unha serpe mariña enorme que ameazaba con devorar todo o peixe que nesa ría había.

Foron os Mariños, eses seres parecidos aos guéghel que habitan o fondo dos mares e que, non se sabe a razón, teñen unha especial amizade cos libuncos, os que avisaron... "unha bicha enorme que vén do Mar dos Monstros, alén do Arco de Lir e dos territorios dos lusóns".

Non se sabe moi ben cal foi o final deste conto, pois hai quen o conta dicindo que a bicha entrou e outros que non entrou. Os que din que entrou contan que os valentes guerreiros ártabros a conseguiron matar e que logo a cortaron en anacos e a repartiron como alimento, e que deu de comer durante anos. Pero incluso os que contan isto sinalan que as augas quedaron asulagadas polo sangue desta criatura, e que co tempo foi raro poder pescar ou mariscar naqueles lugares...

3 comentarios:

jan dijo...

Boa metáfora, si señor!!! A ver se sae de novo a luz esa terra resistente e loitadora...Queira Lugh que si!!!

moucho branco dijo...

Estou sacando brilo xa á miña espada... :)

O Breogán dijo...

Pois me contan que a "serpe" xa entrou... Flipo: prohibición de contruír a gasificadora en Mugardos por parte da U.E. e temos aos mesmos que antes non a querían permitindo a entrada de barcos (que só poden estar unha poucas horas no interior da ría) a descargar metano e máis merda nun lugar que, se se dera o caso de estoupar, podería acabar coa vida nun plis plas dunhas 50.000 persoas.

Mecaghonacona que os botou a todos.