23.5.07

Detrás de Maio vén San Xoán

Ou iso di sempre a miña avoa Carmela, que cos seus 91 anos diso algo sabe.

Apalabrado nos deixaron que "As Crónicas de Gáidil" ten asegurada a publicación detrás do verán, cecáis cunha presentación formal no Salón do Cómic de Coruña, Viñetas desde o Atlántico, se os deuses así o permiten.

Agardemos que todo vaia como debe, e poidamos xa desfrutar nas nosas mans do xogo e de ilustracións coma esta, onde os actos máis prosaicos e cotiáns dos guéghel (como por exemplo "desaloxar") poden ser motivo de sátira para os pequenos e pícaros Loios das fragas.
Namentres seguiremos comentando eiquí tódolos pormenores desta pequena odisea, así como os aspectos que consideremos interesantes do libro.

3 comentarios:

Marcus dijo...

Vaia, un motivo máis para ir a Viñetas este verán.

David dijo...

Pois xa vou ao Salón do Cómic todos os anos, así que este non vai ser menos :D
Sorte co proxecto! ;)

paideleo dijo...

Publicar algo debe de ser como ter un fillo: un longo embarazo esperando que chegue ó seu fin. Que o teu neno saia con saúde e feliz.