25.5.07

Día Festivo?

Bueno, tal día coma hoxe, hai 30 anos, estreóuse Star Wars.

Dende aquela moita xente quedou moi tocada polo tema, e disque foi o momento en que xorde a escala mundial o fenómeno "friki" (en inglés usan freak, geek ou nerd).

Para algúns este día é o Día do Orgullo Friki.

Eu son dos que o celebra en dous días: 25 deMarzo e 22 de Setembro. Pero aí cada friki ten o seu tema.

Veña, un saúdo.

6 comentarios:

ja dijo...

Para min ten bastante máis encanto o día 22 de setembro, pero bueno...o que ti dis, cada friki con su tema...Por certo que podería ser unha boa data para que Gáidil vira a luz, non?

O Breogán dijo...

Discrepar sempre é divertido, sobre todo en termos coma friki, freak, nerd, geek que nin son absolutos nin teñen significados que poidamos considerar estándar por moito que os lingüistas ou os wikipedas se poñan a iso (aparte friki y nerd SI son traducción supostamente directa, aínda friki non exista como palabra nos nosos idiomas oficiais).

En canto á data... The Freak Parade de Browning non ten moito que ver co que se entende por friki (eu alomenos non son como os que saen na peli).
En xeral o termo friki paréceme un bo termo, agás cando a xente intenta colgarse a medalla e selo cando non o é en absoluto, pero en fin... ten que haber de todo.

Higinio Etxeberría dijo...

Eu sempre fun do de celebra-lo 11 de setembro, non polo Bin, senón porque é o meu cumpreanos.

Tamén celebro o 23 de abril sempre.

A ver se podedes poñer máis debuxos do xogo a modo de primicia, que viña ben.

Unha aperta dende a grande Artabria, con ghas ou sen ghas.

O Breogán dijo...

Meu Deus! Poderá ser el? O Gangrel dos Pirineos? o Grande Higinio?!?!

Saúdos con ghas e sen ghas dende Libredón!

LaicaNuru dijo...

Boas

O dia do orgullo friki concordo que deberia ser o dia de estrea da peli The Freak Parade, xa que saimos de ahi, non de star wars.

En canto o dia 25 de Marzo, non, non pode ser ese dia. Ese dia xa se celebra o Dia Tolkien. Unha celebracion proposta pola Sociedade Tolkien Española, na que os membros reunimonos e facemos cousas arredor da obra do profesor, lecturas, brindar no seu nome,....

O Breogán dijo...

Está claro que ao final cada quen ten unha data predilecta que moitas veces ou chega por eliminación ou polo "frikismo" que máis lle interesa. Eu, por exemplo, o celebro o 25 de Marzo e o 22 de Setembro. Outros non concordan nesa data, pois prefiren outras.

Á falta dunha "Igrexa do Frikismo" que estableza un calendario, pois supoño que ao final cada un o celebrará cando mellor lle veña ou prefira... é o bo das afeccións, supoño.