23.3.06

Rubicón

"O problema seguramente estará en que, aínda que cada vez hai máis xogadores galego-parlantes a maioría dos xogadores galegos son castelán-parlantes. Polo tanto podo dicir que o xogo me gustou moito, que ten bastante calidade, pero que seguramente, por moito que me pese, se estivera escrito en inglés tería moitísimo máis éxito comercial do que terá."

Este cometario sobor d'As Crónicas de Gáidil chegóunos da man dun afeccionado imparcial. Un que non é como os nosos amigos (estes levan anos aturándonos e saben cómo é o xogo). Este afeccionado recibíu o xogo sen ter nin idea de qué ía ou deixaba de ir. Esa era unha das "pedras de toque", o Rubicón que tiñamos que cruzar: a impresión de alguén que chega a unha libraría, ve o xogo, o compra e o leva para casa... a impresión dalguén que non pode contar con nós alén do escrito (porque, obviamente, non vamos ir casa por casa explicando as dúbidas que aparezan).

E é unha grande realidade. O Rol é castelán. Non se pode negar. Pouco sei da realidade "rolística" en Cataluña e en Euzkadi, ou Valencia, Asturias e demáis. Non teño datos precisos, pero é seguro que tamén hai xente que xoga en catalán, euskera, bable, balear ou por sistema de signo de sordomudos, qué carallo!

Por qué non se xoga en galego? Porque non hai nada nesta lingua.
Qué provoca isto? A creación dun "pidgin", dunha sorte de "criollo" lingüístico entre os que si usan o galego con xogos en castellano.
Segundo sei, o "pidgin" fórmase (máis ou menos) mesturando dúas linguas... os indios que falaban cos españois en mesoaméroca usaban o idioma indio como base, e o do invasor para palabras como "ouro" ou "prata".
Do mesmo xeito, o galegofalante que xoga a rol acaba falando (moitas veces) unha sorte de fala pidgin na que unha frase como "Pois eu vou usar o feitizo de Rayo de Muerte sobor do Cubo Gelatinoso; e si ese Escarabajo de Fuego Gigante se achega ó grupo de Pjs (apócope de "personajes") pois invocarei a unha Ginoesfinge para que nos axude" é do máis cotián: base lingüística do idioma-nai co vocabulario español que usa o xogo, porque calquer alteración "sona mal".

Pois en fin, asegúrovos que antes ou despois Gáidil estará na rúa. E agardo que, quen xogue, use o idioma no que se sinta máis cómodo.
E si é o idioma do xogo, o Galego, mellor que mellor.

5 comentarios:

acedre dijo...

Pois estaria simpatico a inversa: " Pues voy a usar el hechizo de Raio de Morte sobre el Cubo Xelatinoso y si ese Escarabello de Lume Xigante se acerca al grupo de Pos (apocope de persoeiros) pues invocare a una Xenoesfinxe para que nos ayude ".

Sorte co proxecto e gracinhas polo comentario no meu blogo. E o bebe vai nacer en Galicia.

Jan dijo...

Estaría ben verdade! Soñar non costa cartos-que mo digan a min-.

Bicos e apretas!

Alédome de que o vos bebecho naza aquí Acedre.

Amra, o leon dijo...

Como para tódalas cousas, ten que haber unha primeira para que logo veñan máis detrás.
Ainda é pior escoitar a moitos:
(Pj)-"Fágolle un "reverse stroke" namentres trepo pola escada.
(master)-Vale. Ui, é un "fumble"... Ves que caes e o inimigo faite un "triad of flames" de nivel 5. O sinto, pero non podes "parrear" (de to parry)

Incríble, pero certou...

P.D: Idea para Djs... Dar máis experiencia ós xogadores que xoguen en galego...(he, he, he...)

Oulego dijo...

Un saúdo.

Convídoo a facer unha visita ao novo blog ABELLONENIA.

http://oulego.blogspot.com

Deica logo.

Fer dijo...

No meu grupo, pequecho ultimamente jogamos três, levamos um ano cumha partida de Aquelarre jogada integramente em galego.

A mais de que os "persoeiros" (Melhor personajes, digo eu Acedre ;) ) som nobres galegos sob serviço do conde de Trava empregamos o galego DDI (Dentro da Interpretaçom) e FDI (Fora da Interpretaçom). Mais agora que estam de representantes em Toledo empregamos o castelhano DDI (Para falares na corte) e o galego FDI (ou para falares entre nós DDI).

Curioso :)