13.3.06

"Cecáis soñar..."

...como ben dicía Hamlet naquel seu monólogo.
Soñar con aportar algo tan grande como a "punta de lanza" nun campo da vida. A verdade síntome un pouco coma Guttemberg ou Henry Ford... "non é que o inventaras ti, pero estás aportando algo que pode cambialo todo". Pois pásame iso: non inventéi o Rol (iso debémosllo "oficialmente" a Gary Gigax), pero eiquí estamos Amra máis eu coa posibilidade de aportar o cambio lingüístico e de estilo na ambientación que moitos desexan.

Seguimos agardando por unha porta que se abra. Quen sabe, igual é esta semana, igual a seguinte (...e seguimos a soñar).

Pola miña banda, hoxe visitei con Jan de Delft o País dos 1000 Castros . Agardaba máis (coma sempre que a exposición ten que ver cos celtas ou a Galiza Castrexa), pero gustóume. Trátase dunha manchea de lembranzas en cor sepia, que sacan moi ben o espíritu de cada lugar. Persoalmente, as de Baroña foron as que máis me gustaron.

Outro día, máis.

2 comentarios:

acedre dijo...

Os castros son lugares de misterio e bos sitios para inspirarse.
A ver se tendes sorte co voso proxecto e a ver se dormes que son horas.

Jan dijo...

A min gustoume, o fotógrafo aporta a súa visión do castro como un lugar encantado e poboado de misterio...igual non é unha visión innovadora, pero sen dúbida é fermosa e chea de encanto. O branco e negro engade ese "aura" de misterio, tal vez o autor quixera apartar ao espectador da realidade dos mesmos...