28.5.08

Eventos e organismos

Conta Andrés dende a tenda especializada Zónula Catro de Compostela que o vindeiro 14 de xuño (sábado) haberá uns encontros de rol e simulación que servirán coma presentación para un novo clube de rol en Compostela. Avance de información eiquí.

Este tipo de iniciativas sempre están ben. Fomentar o ocio e normalizalo dentro da sociedade é algo que, a título persoal, paréceme importantísimo.
Un clube pode servir para dar a coñecer a afección e tamén para iniciar ou dar cabida a aqueles que, por motivos de cambio de residencia ou de busca de algo mellor, pretendan atopar grupos novos de xogo.
Eu sei o difícil que é sacar algo deste estilo adiante, así que lles desexo moito ánimo aos valentes que emprendan tamaña obra con este novo clube: Aurë Entuluva!

1 comentario:

ZónulaCatro dijo...

Aproveito para comentar (un pouco tarde, mal e arrastro) que a inauguración pospúxose ao sábado 28 por motivos de exames varios que implicarían unha menor participación nos eventos.