25.5.08

De novo, hoxe non o celebro.

Como xa comentara o ano pasado, o 25 de Maio é celebrado por algúns coma o día o orgullo friki. Eu non o celebro, porque nin o termo me gusta, nin me define, nin me parece axeitado.
Por regla xeral non me gusta que alguén se me presente como "ola, son Pepito e son friki". Ou peor, que alguén che veña con que é "máis friki ca Pepito", coma se un termo tan indefinido puidera concretarse en cantidades.
Gústame a literatura fantástica, dende Tolkien a Martin pasando por Howard. A de terror, dende Poe a Lovecraft pasando por King ou Matheson. O cinema de mil estilos, os cómics, as series de televisión canto máis raras mellor. Xogo a rol, a xogos de taboleiro e a xogos de ordenador.

Pero non, non son un friki.

3 comentarios:

LaicaNuru dijo...

Boas

Pois eu si, aledome de ser friki.

Porque como me gusta dicir a min, "Cada un, é friki do seu". Cada dia esta mais difícil o de incluirense dentro dunha categoria sociocultural, as liñas divisorias que marcan diferencias entre os diferentes movimentos culturais cada vez estan mais desdibuxadas. Por iso aledome de poder dicir que son friki, polo menos son capaz de incluirme na mai de todalas categorias, nerds, roleiros, geeks, trekies, starwaseros,...

E ser friki o único que indica, é que tes inquedanzas culturais, que es capaz de pensar por ti mesmo, e non te deixas arrastrar pola marea dos sen personalidade.

Frikófobo dijo...

Ahora va a ser que Leonardo y el Che Guevara también eran frikis, jajaja.

O Breogán de Gáidil dijo...

Home, eu tampouco concordo co que di Laicanuru sobre o que "indica ser friki". Moitos dos que coñecín e coñezo non teñen que ver co que ti dis que indica.
Que logo cada un busque unha definición do que é ser friki (a máis das veces propia, xa que cada un a quen lle preguntas qué é ser friki contesta algo distinto) para xustificar as súas afeccións, pois está ben, pero non para min.
Eu non preciso meterme dentro dun determinado saco para definirme, vamos.