7.5.08

Estandarización, Clonación e dadas de baixa (II)

Gáidil é un xogo completo en canto a Ambientación e Sistema de Xogo. Pero non podemos dicir menos das versións D20 de xogos como Conan RPG, Cthulhu ou Star Wars, ou mesmo Fading Suns.


Por que? Pois porque estes xogos teñen sistemas D20, pero tan persoalizados que lles quedan a estas ambientacións como luvas. Sobre todo o de Conan e o de Star Wars, xogos que tiñan as súas versións GURPS e D6 respectivamente, moi malas segundo moitos. A adaptación a D20 logrou que moita xente aceptase de novo estas ambientacións con gusto e moitas ganas.

Baixo esta premisa (de que o sistema D20 está ben, pero pódese mellorar; e que é un sistema o suficientemente popular como para que á xente lle guste xogar a D20 exclusivamente en diferentes ambientes) Amra o León, cun pouco de axuda pola miña parte, está a desenvolver un sistema D20 para un xogo de rol futurista baseado en todo o que nos gusta da literatura, cinema, series, videoxogos e ilustración sobre temática futurista. É o proxecto no que levamos máis tempo traballando (sobre todo Amra), e o primeiro no que nos vimos traballando man a man.

Que vantaxes terá se algún día o publicamos? Que será D20, cousa que a moitos lles atrae, sobre todo cando é un D20 que aporta algo novo, cousa que está sendo a pedra angular deste xogo: un sistema xenérico, pero á vez coas suficientes particulariedades como para que sexa xenuino.

Por que queremos que se distinga do resto? Pois pola mesma razón pola cal nos negamos a poñerlle un sistema D20 a Gáidil. Houbo que nos tentou co asunto, pero a nosa teima era que fose 100% orixinal en todos os aspectos. Obviamente a estas alturas do partido é case que imposible. Tentar aportar orixinalidade ao mundo é das tarefas máis arriscadas que hai, pero eu penso que con Gáidil non nos foi mal de todo, gracias a toda a afección que nos apoia.

Sacar hoxe por hoxe un manual para unha ambientación D20 xenérica é case como clonar. Ou aportas algo novo nesa ambientación ao sistema de xogo (como fai Midnight, por exemplo) ou para min quedas limitado e repetindo máis do mesmo.

6 comentarios:

O Lobo dijo...

¡A ver ese ese xogo futurista tamén vai pra adiante!.

O Breogán de Gáidil dijo...

Vai, vai. Xa temos medio sistema feito e pronto os primeiros debuxos.
Apertas!

O Lobo dijo...

¿E quén debuxa?.

O Breogán de Gáidil dijo...

Un dos co-autores de Ferrol, propietario da tenda Metrópolis.

O Lobo dijo...

Soa bem. Haberá que ver cousas!!. Cando!?!?. Está aberto a participacións externas?.

O Breogán de Gáidil dijo...

En canto teñamos algo para ir colgando artellaremos a maneira de adiantar material. En canto ao da colaboración, este é un proxecto no que levamos moito currando o mesmos e penso que o traballo xa está repartido, pero todo sería falalo cos demais colaboradores.