Estandarización, Clonación e dadas de baixa (I)
Está a piques de saír a tan agardada por moitos cuarta edición do mundialmente famoso Dungeons and Dragons (D&D), xogo insignia e baluarte do rol. Con el comezou todo. E con todo me refiro á comercialización do produto, a parte que menos me interesa do rol.
D&D na súa terceira edición puxo enriba da mesa o sistema d20, un sistema aberto que, en teoría, estandarizaría o que era o rol.
Os xogos de rol defínense en dous aspectos clave dende o meu punto de vista: ambientación e sistema. A ambientación vén sendo o entorno onde se mergullan os xogadores e o contacontos. Moitas veces podemos definila en poucas verbas. Así, o D&D básico (é dicir, o que se nos plantexa moi por enriba nos manuais de Xogador e Máster, que ten por nome Greyhawk) tería unha ambientación de Alta Fantasía. A Chamada de Cthulhu sería terror pulp, como as obras de Lovecraft, Ambrose Bierce, Robert Bloch, etc. Traveller tería unha ambientación de Hard SciFi, é dicir, futurista pero con toques moi realistas... un xogo no futuro, pero un futuro probable.
Por outra banda, o sistema representa o xeito en que os xogadores e o contacontos poden interactuar coa ambientación. Si eu como xogador estou representanto o rol dun arqueiro nunha ambientación parecida á de Willow, teño que saber qué teño que facer para colocar unha frecha no arco, apuntar a un dos secuaces de Bavmorda e plantarlle esa frecha no entrecello. Normalmente todo se resolve tirando dados de diferentes formas poliédricas. En Gáidil, por exemplo, só se usan dados de 6 caras (cubos, chamados "d6"), pero Cthulhu ou D&D teñen dados dende 4 caras até 20.
Así, o sistema de xogo é só un medio para que as accións que levan a cabo os protagonistas e os secundarios dun conto dunha partida de rol queden plasmadas na ambientación: se o arqueiro de antes ten como habilidade en Arcos un +5, e ten que obter un resultado de 17 en total despois de tirar 1 dado de 20 caras, queda claro que no dado ten que sacar polo menos un 12 ou máis. Se casa menos, falla. Se saca 12 ou máis, impacta.
Noutro xogo ese +5 pode ser simplemente un 60% de probabilidade. Tiramos dús veces 1 dado de 10 caras, a primeira vez para unidades e a segunda para centeas. Obtemos un 3 e un 5, o que dá un 53: coma é menos que 60, acertamos.
Noutro xogo ese +5 segue sendo un +5, pero teño que repartir 4 dados de Loita para o ataque. Meto 3 dados en atacar ao branco e o que me queda o reservo para defenderme por se ese maldito sobrevive. Tiro 3 dados de 6 caras e sumo 5 ao resultado. Se saco máis de 14, impacto.
E un enorme etcétera. Como vemos, unha mesma ambientación pode ter mil sistema diferentes...
O sistema D20 é un sistema, no seu nivel base, OGL. Isto quere dicir que calquera pode facer un xogo neste sistema. Tan só tería que inventar ou adaptar unha ambientación, que o sistema xa estaría feito.
Deste xeito, temos o D20 Moderno, un sistema válido para xogar partidas en calquer ambientación actual (dende Bourne até Reservoir Dogs, pasando por American History "X"), un D20 Futuro, para partidas galácticas ou cyberpunks; un Cthulhu D20, para xogar á Chamada de Cthulhu con este sistema, etc.
A estandarización dos sistema de xogo é algo que está a ocorrer. O efecto é como se en todos os deportes o obxectivo fose "pasar un balón a través dunha liña determinada nun campo de xogo", e a isto lle engadimos diferentes reglas optativas e ambientacións para obter o rugby, o fútbol, o fútbol americano, o waterpolo... etcétera.
O problema é cando chegamos ao baloncesto. Parece que ese sistema de pasar o balón por unha liña non se axeita. Pero aínda así unha compañía con moitos cartos saca o "Baloncesto D20". É igual, pero os aros están pintados no chan e hai que levar alí o balón. A moitos lles convence, a outros non. E logo ben o Golf D20, o Judo D20, o Brilé D20 e a Estornela D20. E, de novo, a moitos lles convence, a outros non. O mercado é o que ten.
Para min os sistemas de xogo van da man das ambientacións. É como o aspecto físico dunha persoa (ambientación) e a súa personalidade (sistema de xogo). Cando atopas un enorme grupo de persoas que son todas guapísimas e esculturais, pero que a nivel persoal son iguais, algo cheira a can.
Nin qué decir ten que para min o D2o paréceme un grandísimo sistema, moi completo e doado de asimilar e de xogar, ao que se lle poden engadir mil reglas optativas sen desequilibrar en absoluto o xogo. Pero sempre seguirei preferindo a Cthulhu co sistema Chaosium ou a Star Wars co sistema d6.
Polo tanto, nunca estarei a favor da estandarización dos xogos de rol. Si da "sinxelización" e a aproximación ao público. Como a xente, os xogos de rol deben ter o seu carácter e a súa personalidade e, o máis importante, deben xerar curiosidade, aportar ideas e ter xogabilidade. Se isto implica un único sistema de xogo para gobernalos a todos, mal vamos. Penso eu.
6 comentarios:
Quedouche un texto longo, porén quedou claro o dos sistemas para os que temos entre pouca e ningunha idea ;-)
Moitas gracias, Ghanito. Supoño que me pasa como a todos os que falan dun tema que lles apaixoa: comezan e non saben cando parar.
É a primeira vez que fago un comentario nun blog. Hai dous motivos polo que o fago vencendo a miña reluctancia natural: o primeiro gustame este blog e o xogo do que fala; o segundo é a primeira vez que atopo alguén que opine o mesmo ca min respecto a necesidade de que ambientación/sistema formen un todo estando pensada a primeira para o segundo e o contrario. Felicidades polo blog e polo xogo. (eu teño varios no caixón e nunca me atrevin a sacalos máis ala da mesa de xogo, e moito menos en galego. A maldita diglosia chega os lugares mais insospeitados, porén grazas a Gaidil penso eliminala no ultimo eido no que se negaba a marchar)
Honor que nos fai, señor Tiglat. Moitas gracias polo comentario e polos ánimos.
Perdón por escribir en español, pero no hablo gallego.
¿Hay alguna librería que me pudieran recomendar para encargar su juego a México?
Sobre el artículo: no concuerdo en las premisas, pero estoy de acuerdo en las conclusiones.
Saludos
Bienvenido desde México, don René.
No conozco ninguna que pueda mandar el juego al otro lado del Atlántico, pero rebuscando en internet me he encontrado con varias tiendas virtuales que sí lo venden y que seguramente se lo enviarán, véase Unilibro, Casa del Libro, Internetlibros...
Muchas gracias por su visita.
Saúdos e apertas!
Publicar un comentario