2.12.07

Colaboracións

Este sábado, como xa contara, Amra o León máis eu estivemos como humildes colaboradores nos primeiros Encontros "As Catro Mesas", no local social do Ensanche compostelán.

Comezou cunha mañán un pouco parada, e cunha mesa redonda (case unha reunión de complotadores) moi interesante na que saíron temas que poden derivar en cousas xeitosas para a afección (hai veces que os dragóns comezan a che quedar pequenos, que un só dungeon non chega, ou que a mesma taberna de sempre coa mesma taberneira ridícula, sen xeito e de cú enorme traendo o mesmo guiso de coello -que igual é gato- non é suficiente).
Moitos xogos de estratexia (Warmachine, Infinity, Warhammer), moito taboleiro (Catán, Zombie), cartas (Munchkin) e, ante todo, rol.

Despois de xantar na zona nova servidos polo camareiro máis dicharacheiro de todo o Ensanche e na mellor das compañas (Jan, Amra, Bélit, Foucellas e Malicia) e dun lixeiro paseo, acudimos á cita.

Primeiras partidas oficiais de As Crónicas de Gáidil nuns Encontros. Dúas partidas que, polo falado, deixaron moi bo sabor de boca a todos os participantes e, agardamos, un rato agradable de rol e diversión. Moito que agradecer aos terribles e feroces gardas custodios da mesa de Amra (Fran, Patricio, Tona e Adrián) e aos benditos por Lugh Brazolongo da miña mesa (Arturo, Andrés, Moncho, Miguel e Serxio).


Un saúdo dende Libredón!

PS: Por certo, agardo que vos guste o novo aspecto do blog.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Mágoa non ter xogado pero xa se sabe...na casa do ferreiro...

elduende dijo...

De grazas, nada. Eu o que quero é outra partidiña :)

Maz dijo...

Ola! Viredes pola Coruña a presentares o libro? Sabedes se se vende xa eiquí, e se é así onde?
Alédome do éxito do xogo ;).

O Breogán de Gáidil dijo...

Jan e Duende: Pois a xogar cando sexa!

Mazeekeen: Os de Alita contactaron con nós pero non nos respostaron. Alí seica teñen o libro, pero non sei onde máis. Graciñas polo comentario.

Ghanito dijo...

Non, se o final terei que acabar mercando o libro e fareime roleiro e todo...
Sodes unha maldición para o País!

Anónimo dijo...

Viva as cronicas¡¡

Por certo, a vella garda ferrolá temos pensado en navidades facer unhas 24 horas roleiras, esperamos contar con algun creador de gaidil para votar o vicio correspondente a este xogo, que na tenda non queda tempo para o vicio .P

Twin brother luigi

Anónimo dijo...

Eih¡¡

Se me acaba de ocorrer que con tan bos debuxos que tedes se podería sacar unha linea de figuras de resina para pintar os afeizoados ou que viñeran xa pintadas. Figuriñas de 10 a 18 cM, poden molar un cacho.

Había fai tempo unhas figuras para o aquelarre que estaban chulas. Molaría que un poidera ter unha figura da xua persoaxe.

Saudos rúnicos,

Twin brother Luigi

O Breogán de Gáidil dijo...

Ghanito, por fortuna para algúns aínda non che somos malos de todo.

Luiggi, molar molaba todo o que dis (tanto as xornadas "1d24" como o das figuriñas). O rollo é o de sempre: a pasta. A ver se os de Corvus Belli lle viran saída a algo sobre Gáidil para facer minis ou un wargame. Sería a caña!

Saúdos a todos!