12.12.07

Inspiracións inversas

Despois de facer as partidas de presentación de Gáidil en Metrópolis Comics de Ferrol o mes pasado tivemos a ocurrencia de ir tomar algo por aí para falar do evento.


Estiven bastante rato falando co Gran-Polo-Métal, e puiden coñecer os seus pareceres con respecto a moitos aspectos do xogo (sobre todo Maxia e Combate). Un deses aspectos que lle fixeron moita gracia foi a inexistencia dunha reserva de "puntos de maxia" ou "puntos de poder" coma en outros grandísimos xogos coma o Runequest ou o Rolemaster. En Gáidil tes dúas tiradas simultáneas para saber se o teu feitizo ten éxito: unha de Elaboración (na que se sabe se o efecto desexado resulta ou non) e outra de Folgos (na que, basicamente, saberemos se cansamos por lanzar o feitizo). Se fallamos esta tirada de Folgos perderemos Saúde en termos de cansazo. En resumidas contas: fallar as tiradas de Folgos fai que poidas chegar case a morrer por usa-la maxia. Quen algo quere algo lle custa.


Outro do que falamos tamén un longo rato foi dos Cazadores do Sidhe. A nosa visión dos Cazadores é moi escura, xente á que non queres perto (porque se andan perto é que hai problemas), pero que cando hai problemas os buscas por todos lados. Un pouco como Gandalf, que só chega para avisar de que se achega a Tempestade.
En fin.
O Gran-Polo-Métal vía nos Cazadores do Sidhe un tipo de personaxe con moito potencial, e que daría gusto xogar. Pero o mellor é que logo me comentou que estaba enganchado a certa saga escrita por Andrzej Sapkowski ao redor do personaxe Geralt de Rivia, unha especie de bruxo que ten por traballo ir cazando monstros e criaturas similares de aldea en aldea.
Visto o visto, e entendendo tamén aos Cazadores do Sidhe como guerreiros-bruxos (que non teñen porqué, ollo), vemos moitas similitudes entre os bruxos desta saga e os nosos mata-bechos particulares.
Pola miña parte xa me fixen cos tres primeiros libros (El Último Deseo, La Espada del Destino e La Sangre de los Elfos) e en canto poida cometarei algo máis deles. Tamén falarvos, a todos eses amantes dos xogos de ordenador, do xogo The Witcher, baseado nas aventuras de Geralt.

En canto ás partidas xogadas tanto en Metrópolis Cómics como a esas primeiras xogadas nunhas xornadas de Rol nas Catro Mesas, cando teñamos un pouco de tempo as colgaremos no grupo yahoo para desfrute de todos (ou case).

Un saúdo dende Libredón.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola a todos Gaidileiros, jejej
Somos un grupiño de catro amigos e empezaremos a xogar en canto terminen os exames, que teñen ocupados a alguns de nos. Temos unhas ghanas...
P.D. Eu levarei a un mago, pero inda non lle dei forma.
Saudos!!!

O Breogán de Gáidil dijo...

Moi boas, Damián.
Os magos e usuarios do Arcano en xeral en Gáidil teñen un poder enorme (como puido comprobar Duende, jeje), xa verás. Son personaxes moi interesantes, agardo che gusten.

Anónimo dijo...

Ola! cheguei a este blog medio de rebote, buscando información sobre Gáidil e, xa que lin os libros de Géralt, aproveito para volos recomendar a todos, tanto a Breogán como a quen lea isto. Son en verdade libros moi moi divertidos. O xogo estou pendente de conseguilo (non sei se mercalo ou agardar a que chova por reises) e cando o probe, se queredes, xa vos contarei. Saúdos

O Breogán de Gáidil dijo...

Agardamos máis comentarios teus, Jaskier. Para calquer cousa aquí nos tes, e que sexan bos os Reises.

Anónimo dijo...

Recomendovos os libros de Geralt de Rivia, son unha pasada, os meus favoritos. Soamente fáltame o último para rematar coa serie, pero está pendente de sair. E o xogo, que dicir do xogo, o teño pero no meu ordenador non me vai... unha merda... a esperar a mellores tempos para mercar outro :D

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas polo comentario Desirée. Amra o León está a xogar no xogo de ordenador e, polo que di, ten que tirar moito moito de cacharro. Segundo me conta está moi ben ambientado e é bastante divertido.