29.11.07

Hipervínculos

Eiquí e eiquí falan de Gáidil. Xa está sendo vítima de cometarios e de críticas (case todas boas, gracias a Oghma).
Agora o propio era que a xente o xogase e non só falase cos argumentos de "está en galego" ou "que bonita é a edición". Xogade, probade, vivide e soñade na Gael-leach, roleiros da Galiza!

Seguimos desenvolvendo as pantallas e pensando nas cousas útiles que aportar con elas, dende un xerador de castros nunhas poucas tiradas de dados até un sistema de combate masivo para batallas. E novas aventuras, claro.

Conste que o outro día falando co Polo Métal en Ferrol ("Denantes Polos que Pavos!") xurdiron ideas moi interesantes: dende xogos de ordenador (WoG: World of Gáidil) até a película protagonizada por Miguel de Lira, Morris e Gayoso... espectacular.

Temos un chisco parado o grupo yahoo, principalmente porque temos pouco tempo para colgar as aventuras prometidas e demais. Pouco a pouco, xente!

Veña, vémonos o sábado!

EDITADO: Tamén o señor Bergantinhos nos comenta eiquí!

8 comentarios:

Santiago Bergantinhos dijo...

Pois fáltavos o meu que acabo de rematar.

Anónimo dijo...

O bó de Bergantinhos tamén fala na súa Realidade Colocante do Gáidil.

O contido das pantallas semella prometedor. Agardamos que non nos decepcione.

Ides camiño de convertervos nuns sacacartos na liña dos mellores xogos. Seguide así.

Unha aperta dende Curuxeiras.

Guybrush dijo...

Llego a vosotros desde el blog de SuperSantiEgo para felicitaros: ahora solo me falta un galego para que me dirija una partida...

Saludos desde Madrid!

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas a todos!
Aos que se pasen polo local do Ensache para desfrutar do Rol, da Estratexia, das Cartas e do Taboleiro, vémonos!!!

besbe dijo...

Regaláronme As Crónicas de Gáidil polo aniversario e non sabes a ilusión que me fixo e toda a culpa é vosa :) Moitas gracias, vouno ler enteiriño e a ver se consigo que xoguemos aquí na casa por ese mundo fantástico! Sodes xeniais :*

O Breogán de Gáidil dijo...

Aos seus pés, nobre Barda das Idades. Xenial ti por ternos dado tanto apoio dende o primeiro día! Mil bicos.

moucho branco dijo...

Eu agardo a que demos organizado a primeira sesión de xogo na Coruña con algún veterano na matéria para nós guiar.... en breve.

O Breogán de Gáidil dijo...

Xa contarás!