5 Principais "ques".
1- Que todo vaia ben.
2- Que non falte o traballo, e que nos guste no que traballemos.
3- Que os proxectos vitais que emprendamos tiren para adiante a pesar dos obstáculos e de quen nos obstaculice.
4- Que quen teña que lembrar lembre, e quen teña que esquecer que esqueza; que lembremos a quen teñamos que lembrar e que esquezamos a quen teñamos que esquecer.
5- Que non teñamos que poñernos a pensar, parafraseando ao Guerreiro Número 13, en oracións coma esta: "Por todo o que debimos pensar e non pensamos; por todo o que debimos dicir e non dixemos; por todo o que debimos facer e non fixemos...".
Que o 2008 vos traia moita felicidade.
11 comentarios:
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
Falta un dos mais importantes, nótase que xa non és un neno:
"Que ridos Reis Magos:
Este ano fun moi bo e agardo que me traiades as Crónicas de Gáidil"
Que teñas bo ano.
Unha aperta.
Moita felicidad para vós tamén. Leco xa vai curtida en experiencias "monárquicas", pero Ghanito o ano que ven por estas datas terá os seus primeiros Reis en nova compaña. Parabéns!
Sorte e saúde para o ano que comeza...E que veñan suplementos de Gáidil, e as pantallas, e...todo o que caiba na vosa imaxinación.
Aprteas moi fortes
Que teñas razón e que o 2008 veña bo.
Jan: E que o comparta contigo.
PaideLeo: Agardemos que sexa bo para todos.
E que se cumpra. Bo aninovo.
Arre demo!! E o "que carallo?" Eu penso que ése é o principal "que".
Tres voltas de sombreiro...
...e un pinchacarneiro.
Elianinha: Que se cumpra para todos pero en plan Reglas Robóticas de Asimov: Sede felices mentres que a vosa felicidade non entre en conflito coa felicidade dos demais.
Mosqueteiro: Aí lle diches. Aturuxo base para todo, salvagarda e escudo protector ante adversidades: "QUE CARALLO!".
Moi boms desexos. Feliz ano!!
E que tanto "que" sexa recíproco.
Eu esquezo pero por desgraza aínda hai testáns que non queren facelo... tempo ao tempo e, senón eles o perden.
Tarde mal e arrastro pero feliz ano.
Publicar un comentario