4.1.08

Non estamos gordos, ollo.

Nin Amra nin eu.

Mañán (sábado 5 de Xaneiro) na Revista da Fin de Semana da TVG sairemos Amra o León máis eu falando d'As Crónicas de Gáidil. O programa emítese de 12:30 a 13:45, así que eu farei por verme. Pero repito: non estamos gordos, é a tele a que engorda.

A entrevista foi en Metrópolis Cómics de Ferrol, e puidemos contar con Tati, Belén, Cristóbal e Jorge como "figurantes" para unha mini-sesión de xogo (facer fichas de Protagonista, máis ben).
Foi unha entrevista curta, clara e concisa. E, a verdade, moi amena.

Agardabamos máis ansia por parte dos entrevistadores (non a houbo, gracias a Lugh) por coñecer esa falsa vertente do rol que é máis coñecida e que xente ignorante e rastreira como Isabel San Sebastián fai que sigades crendo. Esa violencia que fai que moita xente pense que os xogadores de rol sexamos asasinos en potencia, ou que por xogar a rol sexamos individuos que tenden a illarse (ten coña nunha afección na que precisas de máis xente para poder xogar, é como dicir que os que xogan ao fútbol tenden á soedade). En fin.

É o malo de moita xente, que queren xulgar sen ter coñecementos. É como crerse doutor: dóeme a barriga... serán gases; dóeme a cabeza... serán migrañas; o fillo do veciño matou á familia a katanazos... será que xogaba a rol.

Un saúdo dende Libredón.

PS: Mil parabéns neste día ao Mosqueteiro!

PS2 (Actualizado a 8/01/08): Neste link, a partires do minuto 50 nos tedes (dura pouquiño, pero toda propaganda positiva é boa).

PS3 (Actualizado ao 9/01/08): O vídeo, mercede a Marcus.es.


8 comentarios:

SuperSantiEgo dijo...

Pois captura de TDT, a Youtube e a velo todos. Que os que temos que ver a TVG por ADSL non gozamos da mesma programación que o resto dos galicianos. Non podemos ver o Xabarín Clube, por exemplo.

O Breogán de Gáidil dijo...

Temos que cortalo un pouco, Santi, pero co link posto eu penso que xa vale. Saúdos!

O Lobo dijo...

De gordos nada. Saídes moi bem!

amra o leon dijo...

jaja... vaia morros que sacas na pantalla antes de empezar a ve-lo vídeo...XD
Un saúdo.

O Breogán de Gáidil dijo...

É que che son a Esther Cañadas dos Roleiros, xDDD.

O Mosqueteiro dijo...

Vou poñer eses morros de fondo de escritorio. Ou mellor... no capó do coche para que aparten os demáis!!

Moitas gracias polas felicitacións e pola lenda :)

FraVernero dijo...

Aí, aí! Dando guerra na Telegaita!

E non vos preocupedes pola falta de paranoias esquizoides e persecutorias... O rol xa tivo de sobra diso, e lentamente, parece que se vai chegando a ese estadio de madurez no que podes dicir 'son roleiro' sen que a xente pense que te dedicas a decapitar corpos e asasinar nenos pequenos pola rúa...

moucho branco dijo...

Mimadriña!, veña, que ao final imos galeguizar a TVG e sacar definitivamente o rol das gadoupas da demagoxia sensacionalista todo dúnha.
Moita sorte (anque xa se ve que non a precisades).