9.11.07

"Please allow me to introduce myself..."

... que dicían os Rolling.
Ben, hoxe toca de todo un pouco:

Presentacións
A Editorial confírmanos que o vindeiro día 20 de Novembro (20-N, xa é mala leche) temos a presentación oficial d'As Crónicas de Gáidil en Compostela. Será na Libraría Couceiro na Praza de Cervantes, a partires das 20:15.
Tamén temos preparada unha presentación en Ferrol o día 17 de Novembro, na tenda Metrópolis Cómics. A hora aínda está por confirmar, pero neste caso poderemos, o día 24, montar un par de mesas e botarlle unhas partiducas a Gáidil.

Idiomas
A xente pregúntanos por que fixemos o xogo en Lingua Galega. Pregúntanos por que tentamos illar ao resto de xogadores de España (¿?); por que en galego se non hai mercado para o rol en Galicia; por que en galego, e si é porque nos sentimos celtas (¿?); que si de sabelo o teríamos publicado en castelán...
Por que en galego?
Sinxelamente porque non había ningún nesta lingua, e despois de 40 anos de xogos de rol no mundo, pois xa eran horas. Tiñamos un mundo medio feito, cun sistema de xogo a medio artellar. Os textos que escribiamos para ese mundo eran en galego... e cando nos decidimos a publicalo vimos que traducilo ao castelán era imposible. O xogo era galego e pedía da lingua galega para ser comprendido.
Sentímonos moi apoiados e respaldados por todos vós. Gracias a iso estamos sabendo que o xogo estase a agotar nas librarías de toda Galicia. Pero tamén sentimos un pouco de impotencia cando vemos cousas como esta, que fan que te preguntes a razón pola que a xente busca falar mal de outros porque si. Pero é o que ten publicar algo: quedas exposto a todo isto.
O peor é logo pensar (soñar, cecáis) que fixeches un ben pola túa lingua, pola túa cultura e polo teu ocio, e ver que ás veces hai xente que che dá ganas de vomitar.

Proxectos
Aínda que ao final non puiden pasarme para ver como se forxaba, vexo que o proxecto de crear unha rede social de xogadores de rol, estratexia e xogos de mesa en Compostela segue adiante. Sempre é bo que haxa alternativas de ocio para todos. Crear unha comunidade que permita que os xogadores roten e que os que queren coller experiencia como contacontos poidan facelo é sempre boa idea, máxime nunha cidade onde chega moita xente de outros lugares que perden os seus grupos de xogo habituais. Supoño que unha lista de correo ou algo así facilitaría as cousas, á parte do foro (dos que non son moi amigo polo uso desestresador que fai certa xente deles).

Un saúdo dende Libredón.

22 comentarios:

Santiago Bergantinhos dijo...

Como é iso de que se está a esgotar? Dicéde aos xemelgos que me garden un xa!

BLAGDAROS dijo...

Eu penso que hai críticas das que se pode sacar cousas en limpo e outras que só serven para amolar.

Entendo que para algunha xente,(non para mín) o feito de que o Gaidil esté en galego poida ser unha incomodidade, pero sí, coido que tal como está feito, en castelán non quedaría ben. Habería moitas cousas que cambiar e moito traballo que facer.

Hai habilidades e conceptos que son propios da lingua galega e que difícilmente terían sentido en castelán.

O feito de que sexa o primeiro xogo en galego, por outra banda, supón ademáis un valor engadido para o xogo.

Gustoume ler cousas como o de "¿E tí de quen es?" ou o de "Andar as..." como habilidade.

Estou pendente de rematar de leelo para poder facer unha reseña pero polo de agora, estame a deixer un bo sabor de boca e certamente, no entendo qué motivo pode levar a pensar que é un xogo racista, salvo o prexuizo de algúns que queren ver pantasmas onde non os hai.

Moita sorte con esas presentacións; tentareime achegar por Couceiro o 20-N a ver que tal vai.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Ola, de verdade me sorprendeu ter a un autor comentando a entrada referente ó xogo no meu blog. Si, con simplón quería dicir simple e sinxelo, pero é que eu estiven xogando moito a Anima ultimamente e é o extremo oposto.
O xogo recolle o espiritu galego e a lingua galega é parte del. De todos xeitos non todo o mundo pensa así (Cando llo contei a unha miña amiga andaluza encantoulle)
Desexovos que o proxecto continúe tan ben como comezou.
Un saudo dende Grania!

O Breogán de Gáidil dijo...

Santi: Que aínda non o tes!? Móvete neno que "me les quitan de las manos!".

Blagdaros: Xa teño ganas de ler esa reseña. Gracias polo comentario e sorte co da rede social de xogadores, a ver se o 20-n nos vemos.

Taiki??: xDDD, non tomes a mal a comentario, que era piada. En canto ao de xogar a Anima, é curioso: Amra máis eu temos xogado moitísimo a Rolemaster i é, xunto con Runequest e Cthulhu, dos nosos xogos favoritos. Pero sabemos da complicación que para algúns ten o sistema Rolemaster, e mesmo o HARP; por iso tentamos facer un sistema moi sinxelo: para que calquera puidese desfrutar del. Gracias polo comentario no teu blog (que paso a linkar), e dalle unha afectuosa aperta da nosa parte a esa amiga andaluza... xente así é a que nos fai falla.

Un saúdo aos tres.

Anónimo dijo...

Pasa da esa xente que precisaba máis tempo xogando ao mus, ou facendo deporte, ou traballando, ou estudando..., en ver de adicarse a escribir do que non ten coñecemento algún.

Recorda: tódalas persoas son respetables (respetÁBEIS non me mola nada), ainda que poida discutirse, porque hai cada un que..., pero o que está cristalino é que tódalas opiniós non o son.

Unha aperta. Bo traballo e moito ánimo.

A.F.Torreiro dijo...

Bueno bueno... Mellor non opino sobre certas cousas que me enveleño (si, "venme de famila") XDDDD

A iniciativa de crear este foro non é tanto para "desfogarse" como para que a xente anuncie o que busca ou o que oferta: partidas para xogar, partidas para dirixir, probar un novo xogo de mesa polaco que acaba de mercar por Ebay, facer liguiñas... A intención é que as tendas teñan un calendario físico para que a xente vaia e vexa o que se vai organiza e en que tenda. por suposto o foro tamén sería para informarse desas cousas, mais desenganémonos, Santiago é unha cidade de estudiantes e o primeiro que fan é ir ás tendas a buscar xente porque acaban de chegar, é o seu primeiro ano etc...

A ventaxa desta comunidade é que non ten número de integrantes, non ten socios, non ten xunta directiva, non ten "quen manda" e "quen obedece", non ten cota mensual, simplemente ten xente con MOITAS ganas de xogar a TODO con TODOS...

Con respecto ao manual de Gáidil direi a miña experiencia propia... Esgotáronseme e está de camiño outra remesa ;)

FraVernero dijo...

Bueno,agardo que o día da presentación teredes exemplares... Ei estar alí, anque a ver se xa este martes podo pasarme pola mañá por Couceiro e arrapiñar un exemplar...

O Breogán de Gáidil dijo...

Higinio: graciñas tío; a ver se nos vemos na presentación ártabra e coincidimos nalgunha das partiducas que se monten.

Zónula: Non, se a iniciativa é perfecta; en canto ao do foro eu ao que me refiro é que hai moito esquizofrénico solto (máis neste mundillo do rol de múltiples personalidades) que vía foro se envalentona pero logo non dá a cara (ti tamén sabes disto, seica), detalle que vexo menos vía lista de correo, non sei o motivo. En fin, a ver se a cousa tira para adiante, que me parece unha moi boa alternativa.

Fra: Nós exemplares ter non teremos, supoño que os terá a tenda xDDD. En varios sitios esgotáronse nos 3-4 primeiros días, e agora están repoñendo, agardo que poidas facerte con un. Vémonos o 20-N, logo.

Un saúdo a todos.

moucho branco dijo...

Unha vez mais parabéns polo periplo gaidiliano. Polo roio "racista" eu non me preocuparía, se tocaches a fibra dos racistas antigalegos ten maior mérito aínda o traballo, xa que seguramente será porque enche valeiros na nosa cultura.

Javi dijo...

Noraboa pola presentación. Se podo, pode que me pase por alí a botar unha ollada.
Eu xa estou a dirixir unha partida cuns amigos, e hai que decir que éun gran xogo. Quizá a maxia é un chisco poderosa de máis, se che sae. Pero nunha visión xeral, é un gran xogo.
Vin que me mandabas un "meme". ¿iso que é? ¿Teño que por as 8 cousas que máis me gustan? Se é así o farei en breve.

Sáudos, Javi.

O Lobo dijo...

Haberá que ir a Couceiro a esa preentaçom!!.

O Breogán de Gáidil dijo...

Moucho: Boísimo o teu comentario; aledáchesme o día.

Javi: gracias pola crítica. A verdade é que a maxia deu moitos problemas, pero quedamos moi contentos co sistema que lle puxemos ao final. Se ves que se pasa de poderosa, pon restriccións, que agora o xogo é teu, non noso!
O do meme si, oito cousas calquera que che gusten.

Lobo: Agardo verte aló. E lembra que ti tamén tes o meme das oito cousas!

Anónimo dijo...

Creo que hai algún tímido precedente de xogo de rol en galego, como "Compostela" (xogo basado nas peregrinaxes xacobeas), aínda que ningún acadou o desenrrolo e extensión das Crónicas de Gaidil.

Un bó traballo.

O Breogán de Gáidil dijo...

A verdade é que non me soa de nada, Magus. Está publicado nalgures? Eu coñecía o proxecto de "O Ano do Cometa", que é unha pena que non o completen.

Anónimo dijo...

Pois a verdade e que no seu momento pasou desapercibido. Era un xogo moi sinxelo e limitado, publicado con motivo do Ano Xacobeo 1999, que contaba con apoio da Xunta.

Santiago Bergantinhos dijo...

Nun dos números da Edda de 1992 hai unha reportaxe sobre o xogo. Estiveron con nós os de Graal nas EXCER II, creo que lembro.

O xogo era caralluda, pagaría a pena velo aínda que fose en edizón electrónica ou semellante.

Se queres envíote os escaneos do fanzine

O Breogán de Gáidil dijo...

Ah, pois molaba, Santi; agradecíacho! (cando subes á Galiza?).

Magus, graciñas pola información. Tes que ver co proxecto? A ver se me fago con el.

bishopxmen dijo...

Xa esta!!! Xa o teño nas miñas mans!!! Tardou, fixose de rogar, pero mellor tarde que nunca... Srang o piornal salta e baila ledamente mentres nos arredores se preguntan se irá a tronar...

O Breogán de Gáidil dijo...

O Clube de Té dos Xoves ao completo xa o ten!!!
Na vindeira reunión o traes, que a Srang o piornal hai que telo contento.

Anónimo dijo...

Breogán: Non participei na súa creación, aínda que unha das miñas amizades amosoumo. Pareceume unha curiosidade no seu momento, pero xa digo que pasou desapercibido.

Unha pregunta. ¿Qué pasa coas Terras do Veo de Prata? ¿Tendes pensado describilas en futuros suplementos?

O Breogán de Gáidil dijo...

Pois qué mágoa; ten pinta de proxecto curioso.
As Terras do Veo de Prata, as dos Xigantes dun só Ollo, os Restos da Afundida Atlántida, o Breixo, Albia, Inis Elga... todo iso está pensado para ir ampliando, claro. Que sexa en suplementos ou en arquivos colgados no grupo yahoo, iso xa é outra cousa.

Saúdos dende Libredón!

O Breogán de Gáidil dijo...

Bueno, xa me mandou unhas páxinas explicativas do xogo "Compostela!" o amigo Santi e, a verdade e sen pretender contradicir a Magus, non se pode dicir que sexa un xogo de rol. Polo que explica o artigo na EDDA trátase dun xogo de taboleiro en galego, non un xogo de rol como Gáidil. Son conceptos moi diferentes e distanciados xa dende hai anos, penso eu.
Un saúdo sen ánimo de terqueo, ollo.