Gáidil World Tour 2007: GáidilFest Metrópolis (Artabria)
O vindeiro día 17 de Novembro estaremos na tenda dos Twin Brothers en Ferrol para a presentación de As Crónicas de Gáidil por esas terras.
Sendo Amra de alá, e coñecendo eu a moitos dos seus amigos, será como facer a presentación na casa. Agardo ver a toda esa vella garda de Ferrol, e a todos os membros da lonxeva Ossián por aló.
Vémonos en Metrópolis Cómics, tal día coma ese, a partires das 17h para falar un pouco do que significa Gáidil para nós e para o mundiño do Rol, e para que nos comentedes as vosas impresións.
Un saúdo dende Libredón.
5 comentarios:
Juas, juas, juas, que bo!!! Gaidil Tour, eu agardo ir de "grupi" - non sei se se escribe así - a todas.
Bicos
Ga, ga, ga, ga, ga! Xa teño o libro no meu poder! A máxia de Gáidil escorrega polas miñas mans!
Estou en febril proceso de lectura. A ver se vos fago unha reseña...
Hola. estou escribindo nos blogs para denunciar a situación de discriminación que sufrín en relación cunhas listas de substitucións na consellaría de educación. Aparece todo detallado no meu blog. Perdoa por facerme publicidade, pero intento chegar ó maior número de xente posible.
Moitas gracias.
Boas rapaces.
Ao final a cousa esa que ía ser este sábado 17 posponse "en principio" para o día 1 de decembro. Avisade se vos ven ben. De tódolos xeito chamareivos cando mo confirmen ao 100% que xa sabemos como funcionan estes ;)
Unha aperta
Jan: conto contigo para todo!
Fra: Alédome, xa contarás; se pasas vémonos mañán na presentación.
Leriasaparte: Nada; a inxustiza dos egoístas e a tiranía dos homes malvados sempre debe ser enfrontada. Sorte e forza coa túa loita!
Zónula: Perfecto; case mellor así. Ti avisa que malo será que non poidamos ir nesas datas.
Un saúdo a todos.
Publicar un comentario