Xa temos o manual!!!
O manual é impresionante, algo fóra de serie dende o meu punto de vista totalmente subxectivo e partidista. Encántame.
Ten a particularidade de que non parece un xogo de rol 100% (é dicir, non ten o aspecto clásico dun manual de rol) e, tal e como dixo Bishop onte, "parece case unha mestura de xogo de rol e libro de ilustracións".
Agardamos que pouco a pouco vaia chegando ás tendas. Tendas que, por outro lado e segundo a Editorial pretende, non só serán especializadas, senon tamén convencionais.
A verdade non sei qué cara vou poñer se algún día vexo na estantería de Couceiro ou Follas Novas (por poñer dous exemplos) As Crónicas de Gáidil.
Saúde!
PS: Lembrade os que vaiades a Irmandiños este ano contar como foi a experiencia!
16 comentarios:
Que pasada !. Debedes de estar orgullosisimos.
Noraboa por ese fillo.
Gracias, Acedre! A verdade é que non nos cabe o orgullo no peito.
Que ganas de telo entre as mans!!
Moitísimos parabens!!!!
Cuando llegara a las tiendas, para ir a comprar uno? Asi os lo pongo en el blog de NoSoloRol en cuanto pueda echarle mano a uno.
Enhorabuena por el trabajo!!!
Mil Graciñas Sak e CP!
Nas tendas ten que caer nos vindeiros días (esta semana que entra, a vindeira como moito, espero), se non hai fallo coa distribuidora, pero con estas cousas nunca se sabe. Agardemos que todo vaia ben e que vos guste e o disfrutedes!
De novo moitas gracias a todos!
Argh! Eu quero, eu quero, eu QUERO!!!
Cando sae ás tendas? Teño que mercalo XA!!
argh, qué mono...
A verdá é que ten unha pintaza impresionante...
Pintaza ten, maese Fra, e máis ca iso.
Nas tendas non sabemos exactamente, pero polo que sabemos repartiron manuais a todos os participantes do xogo de rol en Vivo Irmandiños: A Revolta. Esta noite Gáidil abre as súas portas para alomenos 500 persoas.
Eu vou por el tamén!!
Como molan eses pequenos grandes momentos de autocomplacencia, que non?, :D
glurps *onomatopeia babexanete e envexosa*
¡vaia sorpresa a que nos déstedes en Irmandiños!
É curiosos cómo se pechou o círculo: coñecín Irmandiños gracias a este blog e alí regálanme un exemplar das Crónicas.
¡Gracias de corazón!
Noraboa Breogán!!! se as fotos son quen de achegar algo do espirito do manual, direi que ainda sendo analfabeta nos xogos de rol semella im-pre-sio-nan-te!!!
Boas rapaces.
Eu coma sempre na miña liña, unha de cal e outra de area... (ainda que non sei cal é a de cal e cal a de area ;) )
Para empezar o bo: un grandioso traballo, un manual precioso, unhas regras atractivas e no meu grupo xa somos dous contacontos que nos alternaremos para xogar (va que si, Duende?).
Por outra banda unha cousa que me disgustou bastante e imaxino que en xeral ás tendas do ramo. Recibín con bastante sorpresa a nova de que a Xunta regalara o manual en Irmandiños, tendo en conta que o tema do rol non é precisamente o que máis se vende, se chegamos ao punto no que un organismo estatal agasalla o que algunhas tendas (a maioría pequenas) necesitan vender para pagarlles os impostos, temos que eles quitaron aproximadamente o 90% dos clientes potenciais... Unha mágoa.
Por outra banda outra cousa positiva. Polo menos así haberá moita xente que poderá disfrutar desta pequena xoia patria... A nos tocaranos agardar ata finais deste mes *sigh*
Unha aperta
Moucho: eses momentos aínda non chegaron, meu. Chegarán cando entre nun bar calquera a tomar un café cos amigos e vexa 5 rapaces na mesa do fondo tirando dados ao redor do manual de Gáidil.
Duende: Quérocho ver nas mans... non que o comas, xD.
Hermes: lendo esta mensaxe acábome de sentir coma un verdadeiro xenio da lámpada. Gracias polo teu comentario que, de certo, aledóume o día. Desfruta de Gáidil!
Torre: Graciñas... representa moito para nós que alguén non versado no Rol tamén aprecie a calidade do manual. Mil bicos ultramarinos do teu Cicerone.
Zónula: Gracias pola valoración do manual; agardo poder pasar en breve por aí e que me contes como foron esas partidas. En canto ao detalle da Dirección Xeral de Xuventude... pois a verdade a nós colléunos tan de sorpresa como a ti (ou máis). Como dis alomenos así estará espallado polo mundo adiante (teño entendido que algúns manuais acabaron xunto cos seus donos en Madrid, Barcelona e mesmo en Francia).
Mil gracias a todos!
Parabems por un fillo feito finalmente tras un longo caminho!.
A verdade é que quedou ben bonito, agora hai que probalo...
Eu tamén penso que é unha faena que se repartiran tantos exemplares antes de que os libros chegaran ás librarías, pero ben...con la iglesia hemos topado, Sancho!
Lobo: Agardemos que pronto caia nas túas mans e poidas desfrutar del!
Jan: Aí falaches.
Publicar un comentario