"Bueno, qué? Vai ou non vai?"
A pregunta máis de moda entre a xente que fala con nós. E, a verdade, estabamos fartos de non podela contestar.
Ben, despois de certas novidades internas con respecto á editorial (cousas que a nós nos afectaron de refilón, e que parece que puideron retrasa-la aparición do libro) cóntannos que os libros están xa en poder da Distribuidora. Incluso a Distribuidora di que os libros están no seu poder (Amra falou con eles esta mañán).
Que quere dicir isto? Pois que a partires deste luns día 22 de Outono poderanse comezar a facer os pedimentos, e que os libros estarán nas tendas (e desta vai, caghonrós) a mediados ou finais da semana que vén.
Temos un par de posibles eventos en Compostela para ir persoalmente e comentar detalles do libro e xogalo, con mesas redondas, partidas e así. Xa vos contarei máis polo miúdo cando a xente que os monta os concrete.
Comezaremos a traballar en novos suplementos para Gáidil, para aportar descripcións centradas en lugares específicos (Libredón: Cidade da Choiva) ou aventuras e campañas listas para xogar (O Inverno dos Lobos).
Por outra banda comentar que a vindeira semana (os días 26, 27 e 28) serán os segundos Encontros Ludus Stellae na Xentalla do Pichel en Compostela. Agardo que saian tan ben ou mellores que os do ano pasado e, aínda que xa hai meses que non teño nada que ver coa asociación que os monta, deséxolle a moitos dos que están metidos todavía sorte co proxecto.
Un saúdo a todos dende Libredón!
6 comentarios:
Graças mil, meu!!
Corro xa a pedirlle ao señor Zónula que me reserve un.
E todas as noraboas do mundo. Canto máis me contan os que pillaron o libro en Irmandiños (afortunados eles), máis interese teño en xogar.
Lobo: Xa contarás de como saíu todo, que eu non vou pasar por aí. Xa sabes que mentres non se extirpen certas malas herbas eu non quero saber nada.
Bicos para Lula, que xa vin como gatuña e, en nada, fai os 100 metros lisos.
Duende: Graciñas de novo. Pasei por Zónula e quedei abraiado: á fin vin os pósters promocionais de Gáidil (impresos por el, pero a iluión xa non ma quita nadie, xDDD).
Un saúdo aos dous e graciñas de novo.
Eu tiveno leendo onte na de ferny e pinta moi ben. Vese moi completo e está ben maquetado. ¡Qué ganas de que salga á venta! Eu xa teño o meu encargado :P
Vai, vai, e logo non vai ir?, :)
Aquí un reservante!
Graciñas, Phoennyx e Moucho!
Cando o teñades xa contaredes qué vos pareceu.
Publicar un comentario