29.10.07

Hoxe estamos contentos, porque dende a Difusora están ultimando unha presentación para As Crónicas de Gáidil en Compostela. Polo dagora non sabemos moito (máis ben "non locuetur, non locuetur", que diría Herger). Están pensando en varios lugares para a presentación, xa vos contaremos.

Vía Frankenrol paso a linkar un blog moi interesante: El Don de Calíope.
Un interesante exercicio de estilo non só para roleiros, senon para todo aquel que sexa amante de contar historias.
Persoalmente estou tamén contento porque á fin recibín o paquete de NosoloRol con "Tras la Pantalla", un manual con axudas para directores de xogo e contacontos de Rol, que reserva parte dos beneficios para a Asociación Ayudar Jugando e á campaña Un niño, un juguete. Sempre gustei deste tipo de suplementos e axudas, e sempre fun dos que me tiraba primeiro ao libro do Narrador que a polo libro do Xogador. Era cotián que os libros de Xogador trouxeran máis reglas, moito material novo, profesións, razas... mentres que, ás veces, os libros do Narrador traían tan só moitos consellos para narrar, describir, meter aos xogadores na historia. E a min encántame lelos, saber como xogan outros e mellorar, sempre no meu estilo, como contacontos.

E contento tamén porque neste paquete tamén me chegou o meu benquerido Cthulhu!!!
Tiña xa dous de peluche: un mercado no Forbidden Planet de Londres e outro a Ferny o de Auryn, que levo como protección na bandexa do maleteiro do coche, mirando mal a quen se pegue demasiado; pero xa tiña ganas dun Cthulhu "mostruoso de verdá".
Xa está colocado na estantería da casa recibindo pregarias continuadas! Ïa, Ïa, Cthulhu fhtagn!!!

Polo demais estamos a Día D -1. Agardemos que mañán xa teñamos a Gáidil nas tendas dunha vez.

Por outro lado, comentáronnos que alguén querería contactar con nós. O noso correo é cronicasdegaidil (arroba) yahoo.es. Gustosos de quedar para calquer tema que haxa que tratar.

Un saúdo a todos dende Libredón.

4 comentarios:

Cesare dijo...

Imos ver, como se pode mercar iso por internet?
Está xa en amazon?

Bicos

O Breogán de Gáidil dijo...

Moi boas, Cesare! que tal por Alba?
Polo dagora non temos coñecemento de se se pode pillar por internet, supoño que será un paso que a editora dará. Sabendo que estás tan lonxe o que podemos facer é como con Noa: mandarcho por correo. Contacta con Jan de Delft e apañamos como poidamos.

Apertas!

Estelios dijo...

Eu propoño boicotear Amazon ata conseguir que vendan Gaidil alí. De feito, eu levo boicoteándoos desde que abriron. Xa sabes, unídevos á causa!!

Que juapo saio no libro, carallo.

zonulacatro dijo...

Informo que no día da noite de Samaín, "As Crónicas de Gáidil" arrivaron ao porto de ZónulaCatro...

Boa sorte a todos, compañeiros... Agora si que vai.

Unha aperta