22.10.07

Xa estamos...

... en Read Galicia!

“My name is Brantroll of the Trasancos, I come from Tamarquia and I am going to Libredón... and just in case you don’t know yet what my job is... to hunt scum like you!”

Parece que non, pero anos e anos xogando a xogos en inglés (por non haber outra cousa) non poden se non sacarnos un sorriso ao ver escritos nosos sobre Gáidil en tal idioma. Está pavero.
Home, é coñero que esté na sección de "young adults"... Pero é o que hai, esa necesidade do ser humano de poñer cada cousa no seu sitio e de ter un sitio para cada cousa que a min, persoalmente, non me acaba de convencer.

En fin... hoxe luns comeza a distribución. A ver que tal sae todo.

Saúdos dende Libredón!

2 comentarios:

paideleo dijo...

En inglés soa máis fardón, non ?.
Sorte.

O Breogán de Gáidil dijo...

Mal non sona, que o inglés ten ese toque épico que queda ben en moitas cousas.
Home, a min gústame, pero non tanto coma en galego... é como si me cantan Os Pinos en galego... "Just the good and generous ones understand our language"... vai ser que non.