26.10.07

"Seguimos trabajando en ello", e unha despedida a destempo.

En fin, que nada. Polo que me contan hoxe tampouco estaba nas tendas que controlamos. Esta fin de semana haberá que volver a afiar as falcatas e poñernos bravos e rufos e os dentes cairos. E mesmo bailar unha
HAKA


Levo uns meses facendo de contacontos para unha crónica chamada A Compostela Oculta, e buscando información sobre certas rúas de Santiago atopei datos dun curioso sitio: a sidrería Abril Ares.
A rúa Abril Ares (que disque ten o nome por alguén, un poeta seica; pero que tamén pode vir dos brillos -os "brilares"- que botaban os artefactos de metal que alí había por ser zona de prateiros e espadeiros. Sabe dios...) está a carón da miña casa (teño a fortuna de que a casa onde vivimos Jan de Delft máis eu está ao lado da casa onde me criei... cousas da vida).

É deses sitios polos que cruzas toda a vida, entre locais coma o mesón do Pulpo, o Atlántico, o bar Rey, o Forest... O Abril Ares foi na miña nenez o sitio onde mercabamos os xeados de pao de toda a vida (a menos de cinco pesos) e botabamos as partidas ao futbolín. Pepe, o derradeiro encargado e alma do local, era pouco máis ca nós en idade. Todos os chavales da zona tiñamos negocios familiares que atender, e era curiosa a vida que levabamos: nenos unhas horas, traballadores a tempo parcial remunerados tan só en concepto de manutención a outras.
En fin, que cando me enterei que o Abril Ares pechaba (abril deste ano) pois levei certa decepción... é como se o teu pasado esmorecera pouco a pouco. Sabedor das troulas pasadas alí, de pequenos concertos clandestinos dados por Manos Negras e demais, pois é como se a Cidade da Choiva perdera unha pequena nube no camiño co peche deste local.
Hoxe, buscando información sobre a rúa, atopei este pequeno homenaxe que paso a linkar: Abril, adeus Abril.

Que os lugares comúns da vosa nenez e adolescencia nunca desaparezan da vosa lembranza.

4 comentarios:

paideleo dijo...

Meu pai xogaba na Costa da Raíña e el e outros rapaces sempre estaban buscando a raíña no chan. Non sabían que o nome viña da muller do rei.

Anónimo dijo...

Aunque estoy esperando para comprarlo, ya le pude echar un vistazo a un manual, y es absolutamente espectacular. Cuando tenga uno propio ya lo criticare despiadadamente y con detalle en el blog, XD.

bouzafria dijo...

Eu pasei varios anos da miña vida, indo diariamente ao Atlántico. Bos tempos de bohemia.

O Breogán de Gáidil dijo...

PaideLeo: Moi bo o da "raíña". Eu coñecín a un que veu a estudar a Santiago con moitas ganas, pois era afeccionado ao billar. Cando lle dixeron que había unha Rúa del "Billar" estaba encantado.

CP: agardamos esas críticas coa armadura de placas posta! Sobre todo que vos guste.

Bouzafría: o Atlántico tamén sería empezar a falar e contar historias e non parar. Grandes cervexas ao redor de grandes partidas de xadrez, si señor.

Saúdos e apertas aos tres, e graciñas polos comentarios.