24.10.07

Á fin!

Ben, hoxe recibimos unha mensaxe da Editorial segundo nos contan que o libro estará nas tendas entre o 24, 25 e 26 deste mes, en máis de 200 puntos de venta, incluídos Sargadelos en Madrid e Barcelona.
A distribuidora facilitará especialmente o acceso ás tendas especializadas, e terán a posibilidade de traballar co libro en depósito. Aparte, recibirán os cartaces promocionais tamén en breve.
Estas son as palabras de Marco Tulio Cice... eeeh, estoooo... da Editorial, digo.

Veña, vémonos, e lembrade que os cans non só ladran... algúns o día menos pensado tamén morden.
Engadido: O que queira algo que deixe recado!

10 comentarios:

O Lobo dijo...

Hai que pasar de malos roios meu. Aínda na rede. ¿Pra qué quecerse a cabeza mútuamente, cando o máis sinxelo é ser persoas e comportarnos todos como tales?. Co tempo, e bóa disposición todo pódese arreglar, cando as augas se calmen, quizáis todo se tranquilice. A min gostaríame; pero comprendo que as cousas estén así.

En calquera caso, no meu nome, graças pola referencia as ludus nun dos posts, e graças por ponher o vídeo (ainda que o final, polo que sexa que esté a pasar) decidises quitalo.

Um saúdo pra tí e máis pra Conchi.

Anónimo dijo...

Por fiiiiiiiiiiiiiiiiiiiin!!!!!

Parabéns mozos, e agora...para cando a pachanga?

O Breogán de Gáidil dijo...

Jan: si, xa eran horas, e ti o sabes mellor que ninguén! Bicooos!

Iván: a retirada non foi unilateral, pero asumo as consecuencias totalmente. As cousas, por suposto, arránxanse mellor en persoa, pero non vou a ser eu o que dé ese paso. Quen queira falar comigo (eu estarei máis que disposto)que deixe recado, que eu xa gastei moito tempo cando estaba dentro, tempo que eu considero totalmente perdido e desperdiciado, en falar e repetir as cousas (durante horas e horas...) para que logo pasara o que pasou.
De novo, sorte para nas Ludus, e xa me contarás (se queres) qué tal saíron.

O Lobo dijo...

Claro, meu. Ademáis, saian como saian, seguro que has de saber por moita xete como foi o tema.

Graças polos bos desexos. O fin o cabo, o rol foi o que uniu a xente por ese proxecto, e é pra o bem do rol.

O Breogán de Gáidil dijo...

A verdade canto menos saiba, mellor. Só me interesa a hipotética partida de Gáidil.

En canto ao da unión, bueno, son formas de velo. Cada un penso que ten a súa propia percepción do asunto.
En fin, o de deixar recado queda en pé.

paideleo dijo...

Vaia, vaia. Xa tendes o parto programado. Que vos saia un fillo san e feliz.

O Breogán de Gáidil dijo...

Moitas gracias, Acedre! Non era sen tempo o do parto, case vai por cesárea...

besbe dijo...

mañá vou preguntar por el :)

A.F.Torreiro dijo...

Creo poder confirmar que, ao máis tardar, os manuais estarán na tenda o martes... POR FIIIIIIINNNNNN

Asi que os que fixeron reserva xa saben, a pasar por caixa :P e aos autores case 3/4 do mesmo, que me teñen que botar unhas rúbricas no meu, faltaría máis...

Unha aperta u moitas gracias por este magnífico xogo

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas Besbe!!!! Agardo che guste; pero visto o que nos conta Zónula igual hai que agardar até a semana...

Gracias pola información, Zónula. A ver como pode facer Amra para pasar por aí (agora anda atarefado en Artabria). Eu conto de pasar a semana que vén, se podo. Gracias de novo por todo.