15-VIII-2007 (editado con fotos)
Gracias. Esa era a palabra coa que tiña que empezar este post. Xa o dixen na presentación e o volvo a dicir: gracias.
Este foi un día moi intenso. Saír pola mañán con Jan de Delft, Tromzar e Kunka en dirección á Coruña para poder ver con calma a Exposición do Señor dos Aneis, que me impresionou moi gratamente.
Logo quedar cos colegas: Amra e Bélit, Borxa, Bishop, Jano de Codename... Xantar, por falta de espacio, nun "kebap" moi recomendable perto do Baúl de los Recuerdos (con pequena incursión para conseguir un par de suplementos de Runequest que me apetecía ter).
Logo ver cómo chegan familia e amigos a mancheas tanto de Amra como meus (e, entre eles, os Fillos, sempre aí cando os necesitas!). Xente coñecida, xente que coñecemos dos blogs e dos Foros, xente á que non coñeciamos pero que se amosou interesada neste proxecto, en fin había de todo.
E ver que aquelo se enchía non fixo más que enchernos o peito e darnos moitísimos folgos.
Puiden coñecer en persoa a Ghanito, David e ao Moucho (xa teño o CD de marras!!!), ver á sempre presente Besbella, Ifrit, a Marcus, Berto, creo que a Mourullo, e tamén estaba Fian de GaliciaRol, Curudae, Ferny (tamén de Codename),Vizktor e Diego de Casco-Vello... bufff e sabe dios cantos máis, mágoa non poder falar con todos para agradecervos o apoio.
Mágoa que non puidera vir Víctor, e mágoa ter que agardar un mes para ver o proxecto na rúa. Gáidil xa está presentado en sociedade... a posta de longo, a finais de setembro!
Edit: Máis eiquí, eiquí ou eiquí.
16 comentarios:
Ntch. Eu tamén tería ido de non estar no traballo. Isto de precisar cartos para comer é unha lata.
¿Non lles pon medo a vostede e a Amra a cantidade de partidas que van ter que organizar, con tanta xente interesada?
O nacemento dunha obra debe de ser como o nacemento dun fillo.
Comprendo a túa sensación actual e alédome por ti.
Duende, di miña nai sempre que "quen dixo mendo, habendo hospitais". A ver cando se saque ao público onde facemos esas partidas, que me parece que van ser en plan "Gáidil World Tour '07", pero en fin...
Paideleo, supoño que hai moitas similitudes, sobre todo polo asunto de "con quen irá?", "con quen estará?", "será esa xente boa para el?"... Eu é o maior desexo que teño, que o libro caia en boas mans.
Non puidemos ir á presentación á Corunha polo falecemento dunha boa amiga nosa. Non estabamos para celebracións...
Unha aperta e haxa boas mans para recollelo libro.
:)
Alédame moito ver que hai moita xente interesada no xogo e sobre as partidas...vai preparando dados de reposto que se poden gastar no "Gáidil World Tour ´07". A miña noraboa!
Bicos!
Ao final non puiden ir. Pero noraboa. Parece que foi todo aínda mellor do esperado, non?
me hizo ilusión ir a la presentación y ver que por fin vais a ver realizado vuestro proyesto.
enhorabuena a los dos y un abrazote para ti, Nacho, hacia mucho que no nos veiamos!
Graciñas a todos pola presencia, o apoio e os ánimos!
Dende terras finesas, un saudo. A volta, xa falaremos dos pormenores da presentacion que tiven que marchar demasiado cedo para o meu gusto.
Hoxe mesmo mándo as fotos...Estes días ando vivndo na natureza e non as puiden mandar. Bicos gordos.
Caghinatós! Eu non me entero de nada neste rincón do mundo. Se queres vir por Corme, presentalo, ofrézoche a Cofradía de Pescadores, algo é algo ¿Non? Que teñades moitisma sorte.
apertas e moitos parabens! Mereces esta acollida dun traballo que, como ben dixo Paideleo, é coma un fillo en moitos sentidos. Noraboa! xa verás que é so o comezo...
Bishop, avisa cando chegues, e ten coidao por esas terras, que a xente é moi rara...
Jan, xa as recibín, graciñas!
Suso, pois graciñas polo ofrecimento e o apoio! Todo será falalo cos da editorial a ver qué din... pero unha presentación dun xogo de rol na Confraría de Pescadores de Corme pode ser un fito histórico!
Torre, mil gracias! Agardemos que, como dis, só sexa o comezo.
Hai xa mais de 15 anos que botei a miña primeira partida de rol. Seguro que a segunda será en breve, porque quedei con gañas despois da presentación :-)
Gracias Ghanito, a ver se é verdade que con Gáidil entras de cheo nesta afección ;-)!
Pois en todo caso gracias a vós, que pasastes o traballo de facer ese primeiro xogo de rol en galego xD Sen dúbida mercareino cando saia á venta, hahaha...
Saúdos!!!
Publicar un comentario