9.8.07

Presentación de "As Crónicas de Gáidil"

A Editora, a Difusora de Artes, Letras e Ideas de Ourense, confírmanos que a presentación vai ser no Kiosko Alfonso, no último piso, o mércores 15 de Agosto ás 18:15h.

Ao parecer vai ser pouquiño tempo, pero xa é máis que dabondo. Estamos case no certo de que Víctor non vai poder vir, e vai ser unha mágoa.

Antes da viaxe a Lutecia, o mesmo día que Jan máis eu colliamos o avión, o Duende fíxonos unha entrevista a Amra o León e máis a min, a primeira que damos contando cousas sobre Gáidil. A verdade estivo xenial compartir tés, chiculates e cafés no Metate e comentar cousas sobre o xogo.
A entrevista sairá no xornal Galicia Hoxe, no dominical, o día 12 de agosto. Gracias de novo, Duende!

Estamos espallando a nova por Foros e sitios polo estilo, en plan "pásao". É unha mágoa, tamén, que haxa que agardar até setembro polo libro publicado, pero os resultados seguro que serán os mellores, gracias ao traballo de maquetación da Difusora.

En fin, pouco a pouco chegamos a unha das metas, para logo atoparnos con moitas outras... pasos, chanzos e sendeiros que vamos tomando coma viaxeiros cara o descoñecido, sabedores de que o noso pequeno Mundo de Gáidil vai canda nós, protexido polos nosos brazos. Pero pouco a pouco vemos como medra, vemos como outros comezan a falar del para ben ou para mal. E chega un momento en que as nosas man deben soltar as súas manciñas, un momento en que Gáidil debe poñerse a andar só e defenderse por si mesmo, e pasar a formar parte da vida de outros...

7 comentarios:

Santiago Bergantinhos dijo...

E como o poderemos adquirir os que vivemos alem do telom de grelos?

bishopxmen dijo...

Pois xa sabes de un que vai ir a presentación xusto antes de marchar para terras finesas...

O Breogán de Gáidil dijo...

Bufff, Santi, pois me deixas que non sei qué che contarche... malo será que non o poidas baixar do e-mule (JOJOJOOJOJ). Xa nos poremos en contacto e che enviaremos un.

Bishop, quedo de pedra, pois pensaba que xa andabas por aló. En fin, a ver cando podemos retomar esa magnífica Compostela Oculta, ou botar unha partiduca a Arkham Horror (do que pillei dúas expasións en París!).

paideleo dijo...

Alédome de que ese fillo vaia empece a camiñar.
Sorte.

Santiago Bergantinhos dijo...

Se o vendedes na tenda dos gémeos en Ferrol supoño que ali o pilharei.

O Breogán de Gáidil dijo...

Paideleo: E nós nin imaxinas. Agardemos que no seu camiñar caia en boas mans. Graciñas!

Sr. Bergantinhos: A Editora pretende ampliar a zona comercial a todo tipo de librarías, pero de seguro se venderá en Metróplis Cómics... Temos que confirmar con Manuel e Lois, pero dende hai tempo tiñamos prometida unha sesión de sinaturas e mesmo unhas partidas na tenda. Ogallá che coincida de estar por Ferrol nesas datas!

Anónimo dijo...

Longo parto! Pero por fin aí está!! Á volta!

Moitos bicos e moita sorte na andaina que comeza!