14.8.07

Gáidil ad Portas

Hoxe tocóulle ao Faro de Vigo, e unha pequena entrevista para a Radio Galega, que emitirán no programa da mañán Un día por diante.

Non podemos máis que agradecer cunha sinceridade máxima a todos aqueles que dende o seu pequeno curruncho na internet, xa por medio de blogs ou Foros ou o que sexa, están a espallar a nova a lugares insólitos que non pensabamos que se farían eco deste pequeno proxecto e, por suposto, a todos os que coa súa voz están a facer de Gáidil un ruxe-ruxe.

Aos que veñades véxovos mañán nas Viñetas.

Edit: máis eiquí, ou eiquí.

3 comentarios:

ninguen dijo...

Moitas felicidades para os dous e tamén úUn saúdo moi sentido para toda esa xente que estuvo derredor participando non diferentes pasos da andaina, inda que as miñas vacacións tan lonxanas non me permitan poder disfrutar da presentación dunha obra tan esperada deséxovos moita sortee pensade que lográstedes abrir un camiño, coma uns exploradores da antigüidade que´era moi difícil que ninguén puidera atravesar, pq as maiores fronteiras son as das nosas mentes.

Á volta xa o andarei a buscar coma un tolo.

O Breogán de Gáidil dijo...

Moitas gracias! Estou case totalmente seguro de que es Javichu (Víctor xa me dixo que andabas por aló abaixo). Unha mágoa non poder agradecercho en persoa. Vémonos en Compostela!

moucho branco dijo...

Pois nada, tal e como prometín se achega o día en que o moucho tome os dados... despois de arrasar no rol de PC e de matar até o último becho nos fainalfantasi, me lanzo a poñer orde no universo ideado polo breogán, :P